Mike Archer
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de marzo de 1945 (79 anos) Sydney, Australia |
Educación | Universidade de Princeton |
Actividade | |
Campo de traballo | Paleontoloxía e Vertebrados |
Ocupación | paleontólogo, profesor universitario |
Empregador | Museu Australiano (pt) (1999–2003) Universidade de Nova Gales do Sul (pt) (1989–) |
Membro de | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Archer |
Premios | |
| |
Michael (Mike) Archer, nado en Sydney en 1945, é un paleontólogo australiano especializado no estudo dos vertebrados, tanto modernos como fósiles.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduado en xeoloxía e bioloxía na Universidade de Princeton en 1967, obtivo o seu doutoramento en 1976 na Universidade de Australia Occidental.
Traballou no Museo de Australia Occidental desde 1967 a 1971, e foi supervisor de mamíferos no Museo de Queensland desde 1972 a 1978.
Desde 1978 é profesor da Universidade de Nova Gales do Sur.
En 1999 anunciou publicamente o inicio dun proxecto de clonación do tilacino.[1]
Despois dos primeiros éxitos parciais, o proxecto foi abandonado en 2005.[2][3]. Porén, ese mesmo ano, Archer anunciou que o proxecto se levaría a cabo por un grupo de universidades interesadas e un centro de investigación.[4].
Abreviatura
[editar | editar a fonte]A abreviatura Archer emprégase para recoñewcer a Mike Archer como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Julia Leigh (30 de maio de 2002). The Guardian, ed. "Back from the dead". Consultado o 22 de maio de 2016.
- ↑ ABC News Online, ed. (15 de febreiro de 2005). "Museum ditches thylacine cloning project". Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o 22 de maio de 2016.
- ↑ Deborah Smith (17 de febreiro de 2005). Sydney Morning Herald, ed. "Tassie tiger cloning 'pie-in-the-sky science'". Consultado o 22 de maio de 2016.
- ↑ Judy Skatssoon (15 de febreiro de 2005). ABC Science Online, ed. "Thylacine cloning project dumped". Consultado o 22 de maio de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Michael Archer en TED.