Midnight in Paris
Midnight in Paris | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Midnight in Paris |
Director | Woody Allen |
Produtor |
|
Guión | Woody Allen |
Intérpretes | |
Música | Stephane Wrembel |
Fotografía | Darius Khondji |
Montaxe | Alisa Lepselter |
Estudio |
|
Distribuidora | Sony Pictures Classics |
Estrea | Festival de Cannes: 11 de maio de 2011 |
Duración | 94 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos España |
Xénero | Comedia |
Orzamento | 17 millóns de dólares[2] |
Recadación | $151,1 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
https://www.sonyclassics.com/midnightinparis/ | |
Midnight in Paris é unha comedia romántica hispano-americana, escrita e dirixida por Woody Allen e producida polo grupo Mediapro e Allen's Gravier Productions. Presentouse no Festival de Cannes de 2011.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Midnight in Paris é unha comedia romántica ambientada en París que narra a historia dunha familia americana que viaxa á capital francesa por motivos de traballo, incluída unha parella de prometidos forzada a enfrontarse á ilusión de que unha vida diferente á súa puido ser mellor.
Gil e a súa prometida Inez están en París de vacacións coa súa familia, e por casualidade, atópanse cuns amigos. Gil é un exitoso pero insatisfeito guionista de Hollywood que agora traballa na súa primeira novela. Inez e os demais son moi escépticos coa idea. Unha noite, mentres paseaba só, Gil entra no coche duns agradables estraños. Gil decátase axiña de que foi transportado a 1920, unha época que admira e idolatra na súa novela. Mentres está alí, atópase e interactúa con coñecidos escritores e artistas da época que o axudan coa súa novela e coa súa vida. Ao final decátase de que a saudade dunha "época dourada" é un tema recorrente en calquera período de tempo, e que algúns prefiren ser nostálxicos dun pasado romántico no canto de aceptar o presente e o incerto futuro.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Owen Wilson como Gil Pender
- Rachel McAdams como Inez
- Kurt Fuller como John, pai de Inez
- Mimi Kennedy como Wendy, nai de Inez
- Michael Sheen como Paul Bates
- Nina Arianda como Carol Bates
- Carla Bruni como guía do Museo Rodin
- Yves Heck como Cole Porter
- Alison Pill como Zelda Fitzgerald
- Corey Stoll como Ernest Hemingway
- Tom Hiddleston como F. Scott Fitzgerald
- Sonia Rolland como Josephine Baker
- Daniel Lundh como Juan Belmonte
- Kathy Bates como Gertrude Stein
- Marcial Di Fonzo Bo como Pablo Picasso
- Marion Cotillard como Adriana
- Léa Seydoux como Gabrielle
- Emmanuelle Uzan como Djuna Barnes
- Adrien Brody como Salvador Dalí
- Tom Cordier como Man Ray
- Adrien de Van como Luis Buñuel
- Gad Elmaleh como Detective Tisserant
- David Lowe como T.S. Eliot
- Yves-Antoine Spoto como Henri Matisse
- Laurent Claret como Leo Stein
- Vincent Menjou Cortes como Henri de Toulouse-Lautrec
- Olivier Rabourdin como Paul Gauguin
- François Rostain como Edgar Degas
Estrea
[editar | editar a fonte]A estrea mundial do filme foi o 11 de maio de 2011, como película de apertura do 64º Festival de Cannes. Sony Pictures Classic lanzou o filme nos Estados Unidos o 20 de maio de 2011.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Midnight In Paris (12A)". British Board of Film Classification. 2 de setembro de 2011. Consultado o 10 de xaneiro de 2012.
- ↑ 2,0 2,1 "Midnight in Paris". Box Office Mojo. Consultado o 5 de xullo de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial (en inglés)
- Midnight in Paris na IMDb (en inglés).
- Ficha en RottenTomatoes (en inglés)
- Ficha en AllMovie (en inglés)
- Filmes de 2011
- Filmes en lingua inglesa
- Filmes en lingua francesa
- Filmes dos Estados Unidos de América
- Filmes de España
- Filmes dirixidos por Woody Allen
- Filmes rodados en París
- Filmes ambientados en 2010
- Filmes sobre escritores
- Filmes de Sony Pictures Classics
- Filmes producidos por Letty Aronson
- Filmes de viaxes no tempo
- Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal