Micheline Calmy-Rey
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de xullo de 1945 (79 anos) Sion, Suíza (pt) |
Presidente da Confederación Helvética | |
1 de xaneiro de 2011 – 31 de decembro de 2011 ← Doris Leuthard – Eveline Widmer-Schlumpf → | |
Vicepresidenta de Suíza | |
1 de novembro de 2010 – 31 de decembro de 2010 ← Moritz Leuenberger – Eveline Widmer-Schlumpf → | |
Presidente da Confederación Helvética | |
1 de xaneiro de 2007 – 31 de decembro de 2007 ← Moritz Leuenberger – Pascal Couchepin (pt) → | |
Vicepresidenta de Suíza | |
1 de xaneiro de 2006 – 31 de decembro de 2006 – Pascal Couchepin (pt) → | |
Membro do Consello Federal de Suíza | |
1 de xaneiro de 2003 – 31 de decembro de 2011 ← Ruth Dreifuss (pt) – Alain Berset (pt) → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Xenebra |
Actividade | |
Ocupación | política |
Empregador | Universidade de Xenebra |
Partido político | Partido Socialista Suízo |
Participou en | |
21 de xaneiro de 2004 | Reunión Anual do Foro Económico Mundial de 2004 |
Familia | |
Fillos | Alexandra Calmy |
Irmáns | Eliane Rey |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Micheline Calmy-Rey, nada o 8 de xullo de 1945 en Sion (Valais), é unha política suíza, orixinaria da comuna de Chermignon. É membro do Partido Socialista Suízo e fai parte do actual Consello Federal.
Estudos e carreira política
[editar | editar a fonte]Estudou na Escola de Comercio de San Mauricio, obtivo a súa maturiedade comercial en Sion, máis adiante licenciouse en Ciencias Políticas no Instituto Universitario de Altos Estudos Internacionais da Universidade de Xenebra. Estivo á cabeza dunha empresa difusora de libros ata 1997.
Membro do Partido Socialista Suízo, presidiu a sección xenebrina en dúas ocasións, a primeira de 1986 a 1990 e a segunda 1993 a 1997. En 1981 foi elixida deputada ao Gran Consello Xenebrino, o cal presidiu de 1992 a 1993. En 1997 foi elixida ao Consello de Estado (goberno) de Xenebra. Presidiu o Consello de Estado en 2001-2002.
Carreira federal
[editar | editar a fonte]O 4 de decembro de 2002, logo de ser designada candidata do seu partido xunto coa friburguesa Ruth Lüthi, foi escollida na sexta votación con 131 votos contra 68 da señora Lüthi. Unha vez no Consello Federal, dirixiu o Departamento Federal de Finanzas (DFF) ata 2003; ano no cal pasou a ocuparse do Departamento Federal de Asuntos Estranxeiros (DFAE). Entre a non reelección de Ruth Metzler-Arnold en 2003 e a elección de Doris Leuthard en 2006, foi a única muller no Consello Federal.
O maior logro que obtivo na carteira de Asuntos Estranxeiros, foi o acordo das bilaterais II coa Unión Europea.
En 2006 converteuse en vicepresidenta da Confederación, sendo o presidente o seu colega de partido, Moritz Leuenberger. En nome da paridade de homes e mulleres, Micheline leva unha política activa na promoción de mulleres en postos que requiren moitas responsabilidades. Un esforzo particular é levado sobre o empeño das mulleres en carreiras como a diplomacia. É así como, dende que Calmy-Rei asumiu o control do departamento, escóllese un número equivalente de homes e de mulleres nos postos diplomáticos.
Algunhas protestas sobre a suposta "discriminación sexual" fóronlle reprochadas, xa que seis candidatos preseleccionados pola comisión foron descartados pola Conselleira, baixo o pretexto de que a igualdade de homes e mulleres non era respectada. Aínda así, os candidatos descualificados, foron autorizados a volver presentar a súa postulación no curso seguinte, aínda que normalmente unha persoa só teña dereito a presentarse unha soa vez a este tipo de cargos.
Foi vicepresidenta da Confederación Helvética en 2006 e presidenta para o período de 2007.
En marzo de 2008, Micheline creou unha gran polémica no estranxeiro, sobre todo na comunidade xudía, xa que apareceu cuberta cun veo islámico á beira de Mahmud Ahmadineyad, trala firma dun contrato de entrega de gas entre Irán e Suíza.
O 28 de marzo de 2008, abriu persoalmente a embaixada suíza en Priština. Suíza foi tralo Reino Unido o segundo país en implantar unha embaixada en Kosovo.[1] Ademais, a ministra foi tralo sueco Carl Bildt a segunda membro dun goberno estranxeiro en visitar o país trala independencia.
Presidencia
[editar | editar a fonte]O 13 de decembro de 2006 foi elixida presidenta da Confederación para o período de 2007 por 147 votos sobre 215 (192 votos válidos), converténdose na segunda muller en ocupar a presidencia suíza logo de Ruth Dreifuss, igualmente de Xenebra e socialista.
Durante o seu mandato estivo de visita oficial en Benín, Ghana, Senegal, Chad, República Democrática do Congo, Burundi e Ruanda en África, así como a India en Asia, a parte de realizar visitas a París onde tivo unha cita co presidente francés Nicolas Sarkozy, e a Moscova onde entrevistouse con Vladimir Putin. Ademais de recibir aos presidentes de Romanía (Traian Basescu), Chile (Michelle Bachelet) e Brasil (Luís Inácio Lula da Silva). Tamén representou a Suíza na Conferencia da ONU en Nova York.
Notas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Micheline Calmy-Rey |
Predecesor: Ruth Dreifuss |
Conselleira federal 2003– |
Sucesor: - |