Messier 91
Messier 91 | |
---|---|
Imaxe de Messier 91 | |
Descubrimento | |
Descubridor | Charles Messier |
Data do descubrimento | 18 de marzo de 1781 |
Tipo e posición | |
Época= X.2000 | |
Tipo | espiral barrada SBb(rs)[1] |
Constelación de | Coma Berenices |
Pertence ó Grupo Galáctico | Cúmulo de Virgo |
Ascensión recta | 12h 35m 26.4s[1] |
Declinación | +14° 29′ 47″[1] |
Características | |
Distancia | 63 ± 16 MAl (19 ± 5 Mpc)[2] |
Corremento cara ó vermello | 0,001621 |
Velocidade radial | 486 ± 4 km/s[1] |
Tamaño angular | 5,4′ × 4,3′[1] |
Magnitude aparente | 11,0[1] |
Outras designacións | |
NGC 4548,[1] UGC 7753,[1] PGC 41934[1] |
Messier 91 (tamén coñecida coma NGC 4548 ou M91)[3][4] é unha galaxia en espiral barrada situada na constelación de Coma Berenices e forma parte do Cúmulo de Virgo. M91 está a unha distancia duns 63 millóns de anos luz respecto da Terra. Foi a última nebulosa dun grupo de oito en ser descuberta por Charles Messier no ano 1781. Orixinalmente M91 foi un obxecto perdido no catalogo de Messier, debido a un erro de rexistro do propio Messier. Non foi ata 1969 que o astrónomo afeccionado William C. Williams[3] descubriu que M91 era NGC 4548,[4] galaxia que foi descuberta independentemente por William Herschel no ano 1784.
Historial de observacións
[editar | editar a fonte]Messier 91 foi descuberta a noite do 18 de marzo do ano 1781, Charles Messier describiuna coma unha nebulosa sen estrelas, menos luminosa cá M90. Messier rexistrou erroneamente a posición de M91, a posición foi rexistrada en relación a Messier 58,[4][5] pero na realidade a posición fora establecida en relación a Messier 89. William Herschel redescubriu a mesma galaxia o 8 de abril do ano 1784. Pero sería o astrónomo afeccionado William C. Williams quen resolvería o misterio da situación do obxecto perdido no ano 1969, medindo a súa ascensión recta e a súa declinación respecto das galaxias próximas (non hai estrelas de referencia nas proximidades) a M89 (incluíndo esta última). Williams aplicou os datos obtidos para observar diferenzas de posición de M91 respecto de M58, unha galaxia de novena magnitude que Messier descubrira no ano 1778. Os datos obtidos por Williams da relación da posición entre M91 e M89 [3] eran os mesmos cós obtidos por Messier da relación da posición entre M91 e M58, 0,1' na ascensión recta e 1' de declinación, polo que desfacíase o erro e M91 obtiña a súa posición correcta.
Propiedades
[editar | editar a fonte]A inclusión de Messier 91 no Cúmulo de Virgo galaxias de Virxe foi confirmada pola detección de variables cefeidas,[4] observadas nunhas procuras recentes. A barra de M91 é moi visible xa que repousa nun ángulo de 65/245 graos, facendo está relación coma se o norte estivese nas 12 do mediodía e xirando cara ao leste, no sentido das agullas do reloxo e ademais a galaxia vese de fronte. Existe un particularidade moi considerable na velocidade na que se afasta M91 do Sistema Solar,[4] de feito M91 movese dentro do cúmulo de Virgo cara nós a unha velocidade 700 km/s, pero o cúmulo enteiro afastase de nós a case 1100 km/s, isto danos coma resultado que M91 afastase de nós a só 400 km/s.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 "NASA/IPAC Extragalactic Database". Results for NGC 4548. Consultado o 13-12-2006.
- ↑ J. L. Tonry, A. Dressler, J. P. Blakeslee, E. A. Ajhar, A. B. Fletcher, G. A. Luppino, M. R. Metzger, C. B. Moore (2001). "The SBF Survey of Galaxy Distances. IV. SBF Magnitudes, Colors, and Distances". Astrophysical Journal 546 (2): 681–693. Bibcode:2001ApJ...546..681T. doi:10.1086/318301. arxiv = astro-ph/0011223
- ↑ 3,0 3,1 3,2 William C. Williams Letter Arquivado 21 de agosto de 2011 en Wayback Machine., Sky and Telescope, December 1969, p. 376. Accessed 13 April 2011
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Students for the Exploration and Development of Space Messier 91 Arquivado 21 de decembro de 1996 en Wayback Machine., consultado o 12-09-2012 2011
- ↑ "Messier 91". University Today. Consultado o 12-09-2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Messier 91 on WikiSky: DSS2, SDSS, GALEX, IRAS, Hydrogen α, X-Ray, Astrophoto, Sky Map, Artigos e imaxes