Saltar ao contido

Mary Rathbun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMary Rathbun

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1860 Editar o valor en Wikidata
Buffalo (Nova York) Editar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1943 Editar o valor en Wikidata (82 anos)
Washington, D.C., Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaForest Lawn Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade George Washington - Doutora en filosofía (–1917)
Universidade de Pittsburgh (pt) Traducir - honorary master's degree (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoCarcinoloxía, Crustáceos e marine animal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónzoóloga, carcinóloga Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUnited States National Museum (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Compañeiro profesionalViolet ° Dandrige Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviatura do autor en zooloxíaRathbun Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
IrmánsRichard Rathbun Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1410837 Find a Grave: 5776 Editar o valor en Wikidata
Mary J. Rathbun.

Mary Jane Rathbun, nada en Buffalo, Nova York o 11 de xuño de 1860 e finada en Washington, D.C. o 14 de abril de 1943, foi unha zoóloga estadounidense especializada en carcinoloxía que traballou na Smithsonian Institution desde 1884 até a súa morte.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

A primeira publicación de Mary J. Rathbun, en colaboración con James Everard Benedicto e referida ao xénero Panopeus data de 1891. Xubilouse o último día do ano 1914, pero non deixou de traballar até a súa morte.[1] O seu traballo máis importante foi Les crabes d'eau douce ("Os cangrexos de auga doce"), concibida orixinalmente como unha soa publicación, pero que finalmente foi publicada en tres volumes entre 1904 e 1906.[1]

Escribiu, en solitario ou en colaboración, un total de 166 artigos, nos que fixo a descrición de 1147 novas especies e subespecies, 63 novos xéneros, unha subfamilia, 3 familias e unha superfamilia, así como outras novidades en nomenclatura.[1] Os taxons descritos por Rathbun inclúen especies comerciais importantes, como o cangrexo azul do Atlántico, Callinectes sapidus,[2] e o cangrexo curtidor, Chionecetes bairdi.[3]

Epónimos

[editar | editar a fonte]

Gran número de taxons foron denominados en honor de Mary J. Rathbun:[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Waldo L. Schmitt (1973): "Mary J. Rathbun 1860-1943". Crustaceana 24 (3): 283–296. PDF.
  2. Michael Türkay (2010). "Callinectes sapidus Rathbun, 1896". World Register of Marine Species. 
  3. Peter Davie (2010). "Chionoecetes bairdi Rathbun, 1893". World Register of Marine Species. 
  4. Hans G. Hansson. "Dr. Mary Jane Rathbun". Biographical Etymology of Marine Organism Names. Göteborgs Universitet. 
  5. Peter K. L. Ng & Paul F. Clark (2003). "Three new genera of Indo-West Pacific Xanthidae (Crustacea, Decapoda, Brachyura, Xanthoidea)" (PDF). Zoosystema 25 (1): 131–147. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de marzo de 2012. Consultado o 06 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]