Mars 3MV-4A
Aparencia

Mars 3MV-4A foi o nome dun modelo de sondas espaciais soviéticas. Houbo catro sondas deste tipo:[1][2]
- Zond 2, enviada a un sobrevoo de Marte. O seu sistema de comunicacións fallou antes do sobrevoo.
- Zond 3, enviada a un sobrevoo da Lúa ao perder a ventá de lanzamento cara Marte.
- Venera 2, enviada a un sobreoo de Venus. Tras sobrevoar Venus fallou en retomar contacto coa Terra para transmitir os datos.
- Kosmos 96, non chegou a abandonar a órbita terrestre por problemas co seu foguete lanzador.
Cada sonda tiña unha masa duns 925 kg.[1][2]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Data[1][2] | Rampla de lanzamento[1][2] | Carga[1][2] | Resultado[1][2] | Notas[1][2] |
---|---|---|---|---|
30 de novembro de 1964 | Cosmódromo de Baikonur | Zond 2 | Éxito | A nave foi posta en órbita cara Marte, pero perdeuse o contacto con ela antes do sobrevoo. |
18 de xullo de 1965 | Cosmódromo de Baikonur | Zond 3 | Éxito | Sobrevoo lunar. |
12 de novembro de 1965 | Cosmódromo de Baikonur | Venera 2 | Éxito | A nave foi posta en órbita cara Venus, pero perdeuse o contacto con ela despois do sobrevoo. |
23 de novembro de 1965 | Cosmódromo de Baikonur | Kosmos 96 | Fallo | A nave non abandonou a órbita terrestre por problemas co foguete lanzador. |