Mark Bernes
Nome orixinal | (ru) Марк Берне́с |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 25 de setembro de 1911 (Xuliano) Nizhyn, Ucraína (pt) |
Morte | 16 de agosto de 1969 (57 anos) Moscova, Rusia |
Causa da morte | cancro de pulmón |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii |
Actividade | |
Ocupación | actor, cantante |
Período de actividade | 1929 - 1969 |
Partido político | Partido Comunista da Unión Soviética |
Instrumento | Voz |
Premios | |
Descrito pola fonte | Moskovskaia entsiklopedia: Litsa Moskvi |
|
Mark Naumovich Bernes (en ruso Ма́рк Нау́мович Берне́с), nado en Nezhin o 8 de outubro de 1911 e finado en Moscova o 16 de agosto de 1969, foi un cantante a actor soviético de orixe xudía[1], que interpretou algunhas das cancións máis populares da Unión Soviética como Tyomnaya noch (Тёмная ночь, Noite escura; 1943) e Zhuravli (Журавли, Os grous; 1969).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]A súa familia mudouse a Khárkiv en 1916, alí comezou a actuar nun teatro local xa de moi novo, e en 1928 logo de realizar cursos de teatro marchou a Moscova, onde logrou pequenos papeis primeiro sen texto en varios teatros e a partir de 1932 cun contrato estable no Teatro Dramático, a partir de 1935 actou tamén en filmes e a fins desa década, Mark Bernes actuou en dous filmes Chelovek s ruzhyom (Home cun rifle; 1939) e Istrebiteli (Loitadores; 1939) nas que tamén cantaba cancións que se fixeron populares na URSS e el fíxose famoso, eran cancións cheas de esperanza e optimismo e algúns anos despois, durante a segunda guerra mundial, cantáronas os soldados. Durante a guerra realizou espectáculos para as tropas, en 1943 actou no filme Dva boytsa (Dous soldados), na que cantaba dúas cancións que tamén se fixeron famosas en toda a URSS: Tyomnaya noch e Shalandy polnye kefali, a primeira converteuse na canción soviética por excelencia da segunda guerra mundial. O 30 de decembro de 1943 realizou o seu primeiro concerto público ao que lle seguiu unha xira polos Urais ao ano seguinte. Nos anos da posguerra seguiu a cantar cancións sobre a guerra, coidando o seu repertorio realizando moitas colaboracións con poetas e compositores. Unha das cancións máis coñecidas, interpretada por vez primeira en 1960 aínda que escrita en 1945, foi Vragi sozhgli rodnuju hatu, acabou sendo prohibida polo seu ton pesimista e por antisoviética. Xa enfermo de cancro de pulmón no verán de 1969 gravou a súa derradeira canción Zhuravli, baseado nun poema de Rasul Gamzatov.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |