Saltar ao contido

Marguerite Yourcenar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMarguerite Yourcenar
Biografía
Nacemento(fr) Marguerite Antoinette Jeanne Marie Ghislaine Cleenewerck de Crayencour Editar o valor en Wikidata
8 de xuño de 1903
Bruxelas
Morte17 de decembro de 1987
Mount Desert Island (Estados Unidos)
Lugar de sepulturaBrookside Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
17ª Cadeira 3 da Academia Francesa (pt) Traducir
6 de marzo de 1980 – 17 de decembro de 1987
← Roger Caillois (pt) TraducirJean-Denis Bredin (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoNovela, tradución, crítica literaria, drama, actividade literaria, ensaio, poesía e Prosa Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónnovelista, profesora universitaria, escritora, dramaturga, tradutora, poetisa, ensaísta, crítica literaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorSarah Lawrence College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticonovela, teatro, ensaio, poesía
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FamiliaQ2325659 Traducir Editar o valor en Wikidata
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
ParellaGrace Frick Editar o valor en Wikidata
PaisMichel de Crayencour Editar o valor en Wikidata  e Fernande de Cartier de Marchienne Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Metzler Autorinnen Lexikon (en) Traducir, (p.573–574) >>>:Yourcenar, Marguerite (eigtl. Marguerite de Crayencour) Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0950315 Allocine: 36252 Allmovie: p312054
BNE: XX896025 Bitraga: 1695 Dialnet: 497370 Musicbrainz: cb490f2e-8805-4d8d-9eab-4acc9da8715a WikiTree: Cleenewerck_de_Crayencour-1 Find a Grave: 6103463 Editar o valor en Wikidata

Marguerite Antoinette Jeanne Marie Ghislaine Cleenewerck de Crayencour, coñecida como Marguerite Yourcenar, nada en Bruxelas (Bélxica) o 8 de xuño de 1903 e finada en Mount Desert Island (EUA) o 17 de decembro de 1987, foi unha poeta, novelista, autora de teatro e tradutora francesa. En 1983 foi galardoada co Premio Erasmus.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Marguerite Yourcenar foi educada polo seu pai. Súa nai morreu aos 10 días do seu nacemento por complicacións no parto. Yourcenar lía a Racine e Aristófanes á idade de oito anos. Seu pai ensinoulle latín aos 10 e grego clásico aos 12.

Carreira literaria

[editar | editar a fonte]

A partir de 1919, abandona o seu nome de pía e empeza a firmar como Marguerite Yourcenar (Yourcenar é un anagrama do seu apelido). A súa primeira novela Alexis foi publicada en 1929. A súa mellor amiga nese momento, unha tradutora chamada Grace Frick, invítaa a Estados Unidos, onde dará clases de Literatura comparada na cidade de Nova York. Yourcenar e Frick faranse amantes en 1937 e seguirían xuntas ata a morte de Frick en 1979 a consecuencia dun cancro de mama.

Traduciu ao francés As ondas de Virginia Woolf, en 1937, O que Maisie sabía, de Henry James, en 1947 e a Yukio Mishima.

En 1951 publica en Francia a novela Memorias de Hadrián, na que estivo traballando durante unha década. A novela tivo un éxito inmediato e unha grande acollida por parte da crítica. Nela Yourcenar recrea a vida e morte dunha das figuras máis importantes do mundo antigo, o emperador romano Hadrián. A obra está escrita a modo de longa carta do emperador a Marco Aurelio, ao seu sucesor e fillo adoptivo. Hadrián explica o seu pasado, describindo os seus triunfos, o seu amor por Antínoo e a súa filosofía. Memorias de Hadrián foi unha novela pioneira, que tivo moita influencia na novelística histórica posterior, converténdose nunha obra mestra moderna.

Foi a primeira muller elixida membro da Academia francesa en 1980, aínda que dende 1970 xa pertencía á Academia belga. Unha das máis respectadas escritoras en lingua francesa, tras o éxito de Memorias de Hadrián, seguiu publicando novela, ensaio, poesía e tres volumes de memorias.

Yourcernar viviu a maior parte da súa vida na súa casa Petite Plaisance en Mount Desert Island no estado de Maine. A casa é agora un museo dedicado á súa memoria.

  • Le jardin des chimères (1921) poemas
  • Les dieux ne sont pas morts (1922) poemas
  • Alexis ou le traité du vain combat (1929) novela
  • La nouvelle Eurydice (1931)
  • 1934 novela
  • Feux (1936) poema en prosa
  • Les songes et les sorts (1938)
  • Nouvelles orientales (1938)
  • Le coup de grâce (1939)
  • Memorias de Hadrián (Mémoires d'Hadrien, 1951) novela, traducida ao galego por Ánxela Gracián.
  • Électre ou La chute des masques (1954)
  • Les charités d'Alcippe (1956)
  • A beneficio de inventario (1962) (ensaios)
  • L'Œuvre au noir, Prix Femina (1968)
  • Recordatorios (1973) (primeira parte da triloxía familiar O labirinto do mundo)
  • Souvenirs pieux (1974)
  • Archives du Nord (1977) (segunda parte da triloxía familiar O labirinto do mundo)
  • Le cerveau noir de Piranèse (1979, ensaio)
  • Mishima ou la vision du vide (1980, ensaio)
  • Un homme obscur (1981)
  • Ana, soror (1981) [2]
  • Como a auga que flúe (1982)
  • Le temps, ce grand sculpteur (1983, ensaios)
  • Quoi? L'Éternité (1988) (terceira parte da triloxía familiar O labirinto do mundo publicada postumamente; inacabada)
  • Peregrina e estranxeira (1989) (recompilación póstuma de ensaios)
  • Conto azul (Conte bleu, 1993; traducido ao galego por María Xosé Queizán)
  1. Fundación Praemium Erasmianum (ed.). "Former Laureates - Praemium Erasmianum". Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2019. Consultado o 9 de novembro de 2015. 
  2. Traducida ao galego por G. Constenla, M.ª X. Queizán e Esther Sánchez.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]