Marc Casadó
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 14 de setembro de 2003 (21 anos) Sant Pere de Vilamajor, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,72 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista defensivo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 17 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Marc Casadó Torras, nado en Sant Pere de Vilamajor o 14 de setembro de 2003, é un futbolista español que xoga como centrocampista defensivo no Barcelona Atlètic, da Primeira División RFEF, club do que é o capitán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no CF Vilamajor da súa vila natal, pasando logo polo PB Sant Celoni, o Granollers e o Damm, antes de ingresar aos 13 anos na canteira do Barcelona.[1] Na tempada 2020/21 capitaneou o primeiro equipo na conquista da División de Honra e da Copa de Campións.
No verán de 2022 foi subido ao Barcelona Atlètic,[2] co que debutou na Primeira División RFEF o 27 de agosto, nunha vitoria por 3-2 contra o Castellón no Johan Cruyff.[3] Axiña se asentou na titularidade do filial e só dous meses despois de debutar con este, fíxoo tamén co primeiro equipo na Liga de Campións, no último partido da fase de grupos diante do FC Viktoria Plzeň no Doosan Arena de Plzeň. Entrou ao campo na segunda parte, substituíndo ao marfilés Kessié.[4]
Selección española
[editar | editar a fonte]Foi internacional coas seleccións sub-16 e sub-17 de España entre 2019 e 2020.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rogé, Albert; Capdevila, Josep (15 de outubro de 2017). "Marc Casadó: Un líder con estilo". Sport (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2023.
- ↑ Polo, Fernando (22 de xullo de 2022). "Marc Casadó, todo por el Barça pese a ofertas mejores". Mundo Deportivo (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2023.
- ↑ "El Barça Atlètic remonta al CD Castellón en el 97’" (en castelán). 27 de agosto de 2022. Consultado o 13 de decembro de 2023.
- ↑ "Las cifras del ilusionante debut de Marc Casadó". Mundo Deportivo (en castelán). 2 de novembro de 2022. Consultado o 13 de decembro de 2023.
- ↑ Cascudo Hernández, Mario (22 de marzo de 2022). "La Premier tienta a Marc Casadó, un juvenil del Barcelona" (en castelán). Consultado o 13 de decembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do xogador en LaPreferente (en castelán).