Saltar ao contido

Manuel Guillán Abalo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Guillán Abalo
Biografía
Nacemento5 de maio de 1902 Editar o valor en Wikidata
Vilagarcía de Arousa, España Editar o valor en Wikidata
Morte9 de outubro de 1936 Editar o valor en Wikidata (34 anos)
A Estrada, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 344

Manuel Guillán Abalo, nado en Vilagarcía de Arousa o 5 de maio de 1902 e finado na Estrada o 9 de outubro de 1936, foi un mestre e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi mestre en Sada, nas escolas creadas pola sociedade Sada y sus Contornos. Con motivo da problemática dos profesores sen praza de 1928, foi a Madrid representando o profesorado pontevedrés e ourensán. Pertencía á loxa Helenes número 7 da masonaría.[1] Mestre interino na escola de San Salvador de Poio en 1931. Afiliado ao Centro Republicano e logo á ORGA pola que se presentou candidato ás eleccións en 1931. Participou no mitin republicano de Ponte Caldelas o 10 de maio de 1931.[2] Tivo un incidente co inspector de ensino José Gabaldón Navarro que motivou a súa suspensión en xuño de 1933. Manuel reclamou e foi readmitido en marzo de 1934.[3] Foi despois mestre en Pontevedra. Foi destinado á Insua en 1934. Estaba afiliado á Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Vigo da UGT. Posteriormente integrouse no Partido Galeguista e foi apoderado da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.

Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estaba de vacacións en Lalín, onde foi detido o 21 de xullo. Permaneceu no cárcere lalinense ata que o 9 de outubro o sacaron da cadea xunto a Xesús Froiz; da Prisión de Silleda sacaron a Ramón Muíños Lorenzo e preto da Estrada, no quilómetro 23 da estrada Chapa-Carril, os tres foron asasinados. Os cadáveres foron trasladados ao cemiterio da Estrada onde os soterraron. En xaneiro de 1937 chegou a ser procesado nunha causa militar en Pontevedra.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Josefa Agulló Barral en 1928.

  1. Defensa do Ven:.H:. "Fermín Galán"
  2. El Pueblo Gallego, 15-5-1931, p. 6.
  3. El Noticiero Gallego, 4-5-1936, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]