Mansplaining
Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A palabra mansplaining é un neoloxismo anglófono baseado na composición das palabras man (home) e explaining (explicar), que se define como «explicar algo a alguén, xeralmente un home a unha muller, dunha maneira considerada como condescendente ou paternalista».[1][2]
Características
[editar | editar a fonte]Lily Rothman do The Atlantic defíneo como «explicar sen ter en conta o feito de que a persoa que está a recibir a explicación sabe máis sobre o tema que a persoa que o está explicando; este comportamento adoita darse de forma habitual por parte dun home cara unha muller», e Rebecca Solnit asigna o fenómeno a unha combinación de «exceso de confianza e ignorancia» que algúns homes mostran.[3][4] Este neoloxismo presentouse simultaneamente en varios lugares, polo que a súa orixe é difícil de establecer de forma unívoca.[5] Nun artigo de opinión titulado Men Explain Things to Me (Os homes explícanme cousas), Solnit conta unha anécdota acerca dun home nunha festa que se lle achegou dicindo que sabía que ela escribira algúns libros, ela respondeu falando do seu máis recente libro sobre Eadweard Muybridge co cal el a interrompeu e preguntoulle si ouvira «falar do libro sobre Muybridge máis importante que saíra este ano», sen saber que ela era a autora.[6]
O termo pronto se fixo moi popular entre blogueiras feministas e nos comentarios da escena política, como un termo moi necesario para definir un concepto antigo e unha experiencia frecuente. O termo foi seleccionado na lista de palabras do ano 2010 do New York Times; nomeado termo máis creativo do mundo en 2012 pola American Dialect Society; engadido á versión en liña do Oxford Dictionaries en 2014; e deu lugar a construcións paralelas como whitesplaining e rightsplaining.[7] Dende que a palabra se volveu máis popular, algunhas persoas puxeron en evidencia que se fixo unha apropiación indebida e un uso excesivo do neoloxismo alterando así o seu significado orixinal e facendo un uso que pode ser contraproducente ou, nalgúns casos, provocador.[8][9]
Análise
[editar | editar a fonte]O concepto mansplaining comprende unha mestura heteroxénea de comportamentos que teñen en común o menosprezo do falante cara quen escoita polo único feito de que quen escoita é unha muller e por tanto suponlle unha capacidade de comprensión inferior á dun home. Este concepto tamén inclúe situacións nas que un home monopoliza a conversación co único propósito de alardear e aparentar ser máis culto que a muller que escoita.
O ensaio orixinal de Rebecca Solnit extrapolou o concepto ás consecuencias que o mansplaining produce: como resultado, as opinións emitidas por unha muller (sexa do público xeral como profesionais ou expertas nalgunha área) son sistematicamente infravaloradas ou necesitadas do apoio dun home para ser validadas. Este feito é un síntoma dun comportamento moi estendido que disuade ás mulleres de manifestarse publicamente ou de ser escoitadas cando se atreven a facelo; este comportamento condena ás mozas ao silencio xa que conclúen (como ocorre a causa do acoso rueiro), que este non é o seu mundo. Afainos a cuestionármonos e a limitármonos coma mulleres á vez que fomenta o exceso de inxustificada confianza masculina.
O mansplaining diferénciase doutras moitas formas de condescendencia ao estar especificamente ligado ao xénero e baseado en suposicións sexistas que dan por sentado que os homes son habitualmente máis cultos ou máis intelixentes que as mulleres.
O mansplaining considérase un acto paternalista que profunda as divisións de xénero. O concepto xeneralizouse para incluír discriminacións raciais e outros rumbos políticos, como whitesplaining (de white=branco) ou rightsplaining (right=dereita).
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Clickbait, Normcore, Mansplain: Runners-Up for Oxford’s Word of the Year".
- ↑ "Tag, You're It! "Hashtag" Wins as 2012 Word of the Year".
- ↑ "A Cultural History of Mansplaining".
- ↑ "Rebecca Solnit: Men Explain Things to Me".
- ↑ "Mansplaining, Explained".
- ↑ "Men who explain things".
- ↑ "New words added to OxfordDictionaries.com today include binge-watch, cray, and vape". Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2018.
- ↑ "VIEWPOINT: Why We Need To Stop ‘Mansplaining’". Arquivado dende o orixinal o 07/08/2016. Consultado o 19/03/2018.
- ↑ "RIP “mansplaining”: The Internet ruined one of our most useful terms".