Makronisos
Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Makrónisos" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Grecia | |||
Administracións descentralizadas | Decentralized Administration of the Aegean (en) | |||
Periferias | Exeo Meridional | |||
Unidades periféricas | Ceos-Cítnos (pt) | |||
Concello | Kea Municipality (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 9 (2011) (0,45 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 20 km² | |||
Medición | 2,5 () × 13 () km | |||
Bañado por | Mar Exeo | |||
Altitude | 281 m | |||
Makronisos (grego: Μακρόνησος) é unha illa pertencente ao grupo das Cícladas situada ao oeste de Kea e ao sur do porto de Lavrio, en Cabo Sunión. Ten unha superficie de 15 km² e 28 km de litoral. De forma alargada mide uns 13 km en dirección N-S por tan só 400–500 m en dirección E-O.
Na antigüidade a illa era chamada Helena xa que segundo a lenda detívose nela este personaxe de camiño a Troia. Restos arqueolóxicos mostran que a illa foi habitada desde tempos prehistóricos.
Na canle que separa Makronisos de Kea afundiuse o barco hospital HMHS Britannic, xemelgo do Titanic, tras chocar cunha mina ás 08:21 h do 21 de novembro de 1916. 55 minutos máis tarde a nave foise a pique, repousando agora a 120 m de profundidade. 30 persoas faleceron no naufraxio e unhas 1.000 puideron ser salvadas polos pescadores de Koritsiá, a capital de Kea. O barco, que se dirixía aos Dardanelos, non transportaba feridos.
Durante a guerra civil grega e a ditadura dos coroneis, Makrónisos foi utilizado como lugar de deportación dos prisioneiros políticos, principalmente dos membros do partido comunista. Actualmente deshabitada, a illa é considerada un monumento conmemorativo da guerra civil.