Saltar ao contido

Madura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaMadura
Vista aérea
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Parte deIllas maiores da Sonda Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaIllas maiores da Sonda Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaXava Oriental, Indonesia Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 7°04′S 113°24′L / -7.06, 113.4
Bañado porOcéano Índico e Mar de Xava Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude87 m Editar o valor en Wikidata
Superficie4.429 km² Editar o valor en Wikidata
Carreira de touros típica da illa, en Sumenep, Madura

Madura é unha illa indonesia da costa nordés da illa de Xava. A illa comprende unha superficie de aproximadamente 4.078´67 km² (administrativamente 5.168 km² incluíndo varias illas máis pequenas ao leste e ao norte). Madura adminístrase como parte da provincia East Java. Está separada de Xava polo estreito de Madura. A área administrada ten unha densidade de 702 persoas por km², mentres que a da propia illa (3.630.000 persoas no ano 2012) é maior 817 hab./km², a maioría de etnia e lingua maduresa, que é utilizada tamén noutras 66 illas próximas.

En 1624, o Sultan Agung de Mataram conquistou Madura e unificou o goberno nunha soa dinastía, a familia Cakrangingrat, que acabou opoñéndose ao goberno central de Xava e conquistou a miúdo grandes partes de Mataram.

Logo da primeira guerra de sucesión xavanesa entre Amangkurat III e o seu tío Pangerer Puger, os holandeses lograron o control da metade leste de Madura en 1705. O recoñecemento holandés de Puger foi influenciado polo señor de Madura Occidental, Cakraningrat II, que se cre que apoiou o recoñecemento de Puger coa esperanza de que unha nova guerra no centro de Xava proporcionaría aos madureses a oportunidade de interferir. Con todo, cando Amangkurat foi arrestado e exiliado a Ceilán, Puger tomou o título de Pakubuwono I e asinou un tratado cos holandeses no que lles concedeu Madura Oriental.

Os Cakraningrats acordaron axudar aos holandeses a anular a rebelión de 1740 en Xava Central logo do masacre chinés en 1740. Nun tratado de 1743 cos holandeses, Pakubuwono cedíu a soberanía plena de Madura aos holandeses, que foi disputada por Cakraningrat IV. Cakraningrat fuxiu a Banjarmasin, refuxiouse cos ingleses, foi expoliado e traizoado polo sultán, e capturado polos holandeses e exiliado ao Cabo de Boa Esperanza.

Os holandeses continuaron as divisións administrativas de Madura de catro estados cada un co seu propio rexente. A illa foi inicialmente importante como fonte de tropas coloniais e na segunda metade do século XIX converteuse na principal fonte de sal para os territorios controlados polos holandeses no arquipélago.

Administración

[editar | editar a fonte]

Madura, administrativamente, forma parte da provincia de Xava Oriental (Indonesia). A illa está dividida en 4 kabupaten (condados):

  1. Bangkalan
  2. Pamekasan
  3. Sampang
  4. Sumenep.

Divisións administrativas

[editar | editar a fonte]

A illa de Madura forma parte da provincia de Xava Oriental (Indonesia) e divídese nas catro rexencias seguintes, enumeradas de oeste a leste:

Nome Capital Superficie (km²) Poboación
Censo 2000
Poboación
2005 estimada
Poboación
Censo 2010
Poboación
Estimada 2014
Bangkalan Regency Bangkalan 1.001,4 805.048 889.590 906.761 932.232
Pamekasan Regency Pamekasan 792,2 689.225 762.876 795.918 818.283
Sampang Regency Sampang 1.233,1 750.046 835.122 877.772 902.439
Sumenep Regency Sumenep 1.998,5 985.981 1.004.758 1.042.312 1.071.591
Totais 5.025,2 3.230.300 3.492.346 3.622.763 3.724.545

Nota: A Rexencia de Sumenep inclúe moitas illas costa fóra, principalmente as illas Kangean (487 km²) ao leste de Madura, as Illas Sapudi máis pequenas que se atopan entre Madura e as illas Kangean, e as pequenas illas Masalembu (40´85 km²) ao norte (entre Madura e Kalimantan). A parte continental (é dicir, a zona da illa de Madura) abarca 1.146´93 km² (751.833 habitantes en 2010), que consta de 17 distritos, mentres que as illas teñen 946´53 km² (290.479 habitantes en 2010), que comprende 9 distritos, de 128 illas, 46 habitadas.[1] Fonte:[2] estimada 2014[3]

Carreiras de Touros

Madura é famoso polas súas competicións de carreiras de touros, onde un xinete, polo xeral un neno, monta nunha zorra simple de madeira tirada por un par de touros sobre unha pista de aproximadamente 100 metros e que dura entre dez e quince segundos. Varias cidades da illa celebran carreiras en agosto e setembro de cada ano, cun gran final polo Trofeo Presidencial que se celebra en Pamekasan a finais de setembro ou outubro.

  1. "BPS Kabupaten Sumenep". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2013. Consultado o 06 de agosto de 2017. 
  2. 2010 Population Census - Jawa Timur Province
  3. http://www.depkes.go.id/downloads/Penduduk%20Kab%20Kota%20Umur%20Tunggal%202014.pdf Arquivado 08 de febreiro de 2014 en Wayback Machine. Estimasi Penduduk Menurut Umur Tunggal Dan Jenis Kelamin 2014 Kementerian Kesehatan

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]