MD Helicopters MD 500
MD Helicopters MD 500 | |
---|---|
MD 500E | |
Tipo | helicóptero utilitario lixeiro |
Fabricante | Hughes Helicopters, McDonnell Douglas Helicopter Systems, MD Helicopters |
Primeiro voo | 27 de febreiro de 1963 |
Introducido | 1967[1] |
Produción | 1967-presente |
Unidades construídas | 4 700[2] |
A serie MD Helicopters MD 500 é unha familia de helicópteros utilitarios civís e militares. O MD 500 desenvolveuse a partir do Hughes 500, unha versión covil do aparello do Exército dos Estados Unidos OH-6A Cayuse/Loach. No presente a serie inclúe os MD 500E, MD 520N e MD 530F.
Deseño e desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A exitosa serie Hughes 500/MD 500 naceu como resposta a un requirimento do Exército dos Estados Unidos para un Helicóptero de Observación Lixeiro (LOH).[3] O Model 369 de Hughes gañou a competición contra Bell e Hiller. O posterior OH-6 Cayuse voou por vez primeira en febreiro de 1963.
O deseño da serie 500 conta con patín con amortecedores, un motor turboeixo montado nun ángulo de 45º cara a parte traseira da cabina, un tanque de combustible baixo o chan e a batería no nariz. O porto de saída do motor está situado ao final da cabina, baixo a pluma de cola. Ten un sistema de rotor principal cun diámetro curto e unha cola tamén curta, d��ndolle unha resposta de control áxil e sendo menos susceptible a xirarse cara ao vento.
Hughes gañou o concurso LOH co seu helicóptero OH-6 propoñendo un prezo moi baixo e agresivo por célula (sen o motor). Debido á subida de prezos o Exército estadounidense posteriormente reabriu o concurso, onde Hughes ofreceu o aparello a un prezo máis realista, pero perdeu ante o redeseñado Bell OH-58 Kiowa. Aínda así, os helicópteros OH-6 foron pedidos polo Exército, aínda que nun número moito menor.
Hughes/MD 500
[editar | editar a fonte]Antes do primeiro voo do OH-6, Hughes anunciou que estaba desenvolvendo unha versión civil que sería comercializada como o Hughes 500, dispoñible en configuracións básicas de cinco e sete asentos.[3] Unha versión utilitaria cun mtor máis potente ofreceuse como o 500U (despois chamado 500C).
O mellorado Hughes 500D converteuse no modelo principal en 1976, cun motor máis potente, unha cola en T, e un novo rotor principal de cinco pás, sendo un de catro opcional.[3] O 500D foi substituído polo 500E a partir de 1982 cun morro apuntado e varias melloras no interior, como máis espazo para a cabeza e as pernas. O 530F era unha versión máis potente do 500E optimizada para traballar en ambientes altos e quentes.
McDonnell Douglas mercou Hughes Helicopters en xaneiro de 1984, e a partir de agosto de 1985 os 500E e 530F foron construídos como os MD 500E e MD 530F Lifter.[3] Tras a fusión de Boeing e McDonnell Douglas en 1997, Boeing vendeu as antigas liñas de helicópteros civís de MD a MD Helicopters a principios de 1999. As variantes militares comercialízanse co nome MD 500 Defender.
MD 520N
[editar | editar a fonte]O MD 520N introduciu un avance revolucionario no deseño de helicópteros, prescindindo dun rotor de cola anti-torque convencional en favor so sistema NOTAR desenvolvido por Hughes/McDonnell-Douglas.[3] O escape dun ventilador dirixíase a través de rañuras na pluma de cola, usando o efecto Coandă para contrarrestar o torque do rotor principal, e un propulsor controlabe ao final da pluma de cola era usado para o control da guiñada. Debido a que o ventilador esta pechado na pluma de cola, o ruído do rotor de cola, a principal fonte de ruído na meirande parte dos helicópteros convencionais, reducíase considerablemente. Tamén eliminaba as vulnerables pás expostas do rodor de cola, eliminando a posibilidade de poder ferir ou matar a persoas en terra e a causa de moitos accidentes con manobras en áreas confinadas.
McDonnell Douglas orixinalmente tiña a intención de desenvolver o MD 520N estándar xunto co máis potente MD 530N optimizado para ambientes altos e quentes; ámbolos dous lanzáronse en xaneiro de 1989 e baseados no convencional MD 500E. O MD 530N foi o primeiro en voar, o 29 de decembro de 1989, e o MD 520N vooi por vez primeira o 1 de maio de 1990. O desenvolvemento do MD 530N suspendeuse cando McDonnell Douglas decidiu que o MD 520N cumpría coa meirande parte dos requisitos que os clientes buscaban no 530N. A certificación do MD 520N chegou o 13 de setembro de 1991, e o primeiro foi entregado o 31 de decembro dese ano.[4]
No ano 2000 MD Helicopters anunciou melloras no MD 520N, incluído un motor Rolls-Royce 250-C20R+ mellorado con máis potencia para un mellor rendemento os días cálidos, e cambios no difusor e no ventilador, ademais de incrementar o seu alcance.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hughes 369 / 500 / OH-6". All-Aero. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2018.
- ↑ "MD Helicopters MD-500/530". Airliners. Consultado o 23 de outubro de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Frawley, Gerard (2003). The international directory of civil aircraft, 2003/2004. Shrewsbury: Airlife. p. 155. ISBN 1875671587. OCLC 1244855546.
- ↑ "MD Helicopters MD-520N". Airliners.net. Consultado o 2022-05-12.