Saltar ao contido

Músculo fibular longo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
fibular longo ou peroneal longo
Latín [TA]: musculus peroneus longus
Orixe tuberosidade externa e cabeza do peroné
Inserción    Primeiro metatarsiano
Vascularización Arteria fibular
Innervación fibular superficial
Accións Eversion do pé
Antagonista Músculo tibial anterior

O músculo peroneal longo ou fibular longo[1] (TA : musculus peroneus longus) é un músculo da perna, que está situado na superficie lateral e externa da perna, xunto ao músculo peroneo curto.

Orixe e inserción

[editar | editar a fonte]

Orixínase por riba da tuberosidade externa do peroné e na cabeza do peroné; despois do seu percorrido pola parte exterior da perna, convértese nun tendón que pasa por detrás do maléolo lateral do nocello e atravesa oblicuamente o pé polo suco para que o tendón do peroneo longo do cuboides se inserte na cara plantar do primeiro cuneiforme e primeiro metatarsiano.

Innervación

[editar | editar a fonte]

Está innervado polo nervio peroneo superficial.

Considerado dende o punto de vista da súa acción, o músculo fibular longo estende o pé sobre a perna, sácao cara a fóra e ao mesmo tempo fai que execute un movemento de rotación, en virtude do cal o aspecto plantar se dirixe cara a fóra. É flexor plantar, abdutor e rotador externo do pé (pronador).[2]

  1. "bUSCatermos; fibular longo". aplicacions.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-21. 
  2. Testut, L. (1929). Tratado de Anatomia Humana. Músculos de la región externa de la pierna: Salvat Editores, S.A. p. 1178. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]