Saltar ao contido

Lunar Reconnaissance Orbiter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lunar Reconnaissance Orbiter / LRO
Representación artística de LRO en órbita lunar.
TipoCientífico
OrganizaciónNASA
Destino actualEn servizo en órbita lunar.
Data de lanzamento18 de xuño de 2009, 21:32 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas V[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral[2][6]
Obxectivo da misiónEstudo da Lúa.[2][6]
NSSDC ID2009-031A
Masa1000 kg[2]
Potencia1850 vatios[2]

LRO (acrónimo de Lunar Reconnaissance Orbiter) é un satélite artificial estadounidense lanzado o 18 de xuño de 2009 mediante un Atlas V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral cara a Lúa.[2][5][6]

Características

[editar | editar a fonte]

LRO é unha sonda espacial enviada á Lúa para facer diversos estudos científicos. A súa misión principal é cartografar a superficie lunar e buscar sitios para posibles futuras aluaxes, así como buscar posibles recursos utilizables por hipotéticas misións tripuladas e estudar o contorno de radiación da Lúa.[2][5][6]

LRO foi lanzado xunto coa sonda LCROSS o 18 de xuño de 2009. Chegou á Lúa o 23 de xuño seguindo unha traxectoria directa, entrando nunha órbita inicial cun período de 5 horas e un periapse duns 100 km. A órbita de traballo final é circular e cunha altura de 50 km.[2][5][6]

LRO estabilízase nos tres eixos. A alimentación eléctrica é proporcionada por un panel solar de 10,7 m² que produce ata 1850 vatios de potencia que se almacenan nunha batería de ións de litio cunha capacidade de 80 amperios-hora. As comunicacións teñen lugar en banda S para a subida de comandos e para a desgarga de datos a baixa velocidade, e en banda Ka para descarga de alta velocidade (ata 300 Mbps). LRO leva ata 92 kg de instrumentación científica.[2][5][6]

Instrumentos

[editar | editar a fonte]

LRO leva a bordo os seguintes instrumentos científicos:[2][5][6]

  • Lunar Reconnaissance Orbiter Camera (LROC): composto por dúas cámaras monocromáticas de alta resolución (ata 1 metro) e unha cámara gran angular (100 metros de resolución) en cor e ultravioleta.
  • Lunar Orbiter Laser Altimeter (LOLA): altímetro láser para medir terreos inclinados e buscar xeos polares.
  • Lunar Exploration Neutron Detector (LEND): detector de neutróns para a buca de xeo de auga e caracterizar o contorno de radiación da Lúa.
  • Diviner Lunar Radiometer Experiment (DLRE): radiómetro para medir a temperatura da superficie lunar e identificar trampas frías e posibles depósitos de xeo.
  • Lyman-Alpha Mapping Project (LAMP): un cartografiador na lonxitude de onda Lyman alfa para estudar a superficie lunar no ultravioleta distante.
  • Cosmic Ray Telescope for the Effects of Radiation (CRaTER): estuda a radiación cósmica de fondo usando plásticos nos que a radiación actúa de forma parecida a como o fai con tecido orgánico.
  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "LRO" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 NASA (27 de marzo de 2013). "Lunar Reconnaissance Orbiter (LRO)" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  3. "Note verbale dated 5 August 2009 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (10-51330). 23 de febreiro de 2010: 5. Consultado o 1 de abril de 2020. 
  4. Claude Lafleur (2010). "LRO" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 Gunter Dirk Krebs (2013). Gunter's Space Page, ed. "LRO (Lunar Reconnaissance Orbiter)" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2013. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 Mark Wade (2011). "LRO" (en inglés). Consultado o 7 de xullo de 2013. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]