Luiz Razia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Luiz Tadeu Razia Filho 4 de abril de 1989 (35 anos) Barreiras, Brasil (pt) |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Sitio web | luizrazia.com |
Luiz Tadeu Razia Filho, nado o 4 de abril de 1989 en Barreiras, é un piloto de carreiras do Brasil.
Carreira
[editar | editar a fonte]Inicios da súa carreira
[editar | editar a fonte]Razia comezou a súa andaina nos monoprazas en 2005 nos campionatos de América do Sur de Fórmula 3. Pilotou para Dragão Motorsport, Razia terminou sexto no campionato logrando seis podios, incluíndo dúas vitorias. Durante a tempada tamén participou na Fórmula Renault 2.0 series do Brasil, terminando décimo na clasificación.
No ano 2006, Razia mantívose na Fórmula 3 Suramericana, logrando once podios e sete vitorias gañando o título, por diante de Mario Moraes e Diego Nunes. Tamén disputou tres carreiras na Formula 3000 International Masters series con Charouz Racing, gañando tres delas terminando oitavo no campionato. Tamén foi o piloto novato no A1 Team Brazil na tempada 2006-07 A1 Grand Prix.
Ao ano seguinte, Razia trasladouse a Europa para competir no campionato Euroseries 3000. Comezou a tempada con Fisichella Motor Sport, pero fixo un cambio a metade de tempada para ELK Motorsport trala saída de Alx Danielsson. Durante a tempada, logrou catro podios e terminou terceiro no campionato Euroseries e o cuarto no campionato italiano, que se desenvolveu como parte da serie principal. Razia tamén disputou catro carreiras na World Series by Renault cando substituíu a Ricardo Risatti en GD Racing.[1]
En 2008, permaneceu nas Euroseries 3000 con ELK Motorsport, como compañeiro do francés Nicolas Prost, o fillo do catro veces Campión do Mundo de Fórmula 1 Alain Prost.[2] No campionato italiano de Fórmula 3000 unha vez máis terminou a tempada en cuarto lugar, logrando tres podios incluíndo a súa primeira vitoria en Misano.
A finais de 2006, Razia probou un GP2 en Xerez co equipo Racing Engineering, e en setembro de 2008 probou outra vez co equipo no circuíto de Paul Ricard no sur de Francia.[3] O 2 de outubro de 2008 Razia uniuse á Trust Team Arden para a tempada 2008–09 das GP2 Asia Series.[4] Anotou os seus primeiros puntos en Qatar, cun 8º posto na primeira carreira e un sexto na carreira final. Na última carreira da tempada en Bahrain, Luiz conseguiu a súa primeira vitoria, tras sir desde a pole, debido ao sistema de grella invertida da serie, terminou oitavo na carreira principal do día anterior.
Fichou polo Fisichella Motor Sport para competir na GP2 de 2009.[5]
Razia uniuse a Max Chilton no Barwa Addax Team para a tempada 2009-10 das GP2 Asia Series,[6] pero os dous pilotos foron substituídos antes da segunda carreira do campionato, Chilton marchou a Ocean Racing Technology. Razia volveu para a rolda final en Bahrain. Substituíndo a Daniel Zampieri no equipo Rapax.[7]
Quedou con Rapax para a tempada 2010 das GP2 series. Comezou con forza, terminando as primeiras seis carreiras nos puntos (incluíndo dous podios), pero logo sufriu unha racha estéril ata a rolda final da tempada, terminando undécimo no campionato de pilotos. O seu compañeiro de equipo, Pastor Maldonado, converteuse no campión da serie, mentres que Razia axudou a Rapax para lograr o título por equipos.
Como parte do seu acordo de piloto de probas de Fórmula Un co equipo Lotus, Razia asinou para pilotar o novo equipo AirAsia en 2011, xunto ao seu compatriota, o probador de Lotus [ [Davide Valsecchi]]. Non anotou ningún punto na tempada 2011 das GP2 Asia Series, pero terminou sexto na primeira carreira da tempada 2011 das GP2 Series , para lograr tres puntos para o equipo no seu comezo na serie principal. Máis tarde tivo a súa primeira pole position na serie en Hungaroring, e terminou 12º no campionato.
Para tempada 2012 das GP2 series, trasladouse ao equipo Arden International xunto a Simon Trummer, e gañou a carreira principal en Malaisia liderando o campionato logo da primeira carreira. Despois adiantouse Davide Valsecchi, pero Razia retomou o liderado ao gañar en Silverstone, xa que tamén gañou en Cataluña e Valencia. Con todo, Valsecchi tomou o liderado ao longo do que restaba da tempada, e Razia ao final tivo que conformarse coa segunda posición no campionato.
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]Razia fixo a súa primeira aparición nun equipo de Fórmula Un cando se uniu a Virgin Racing como piloto de probas en 2010.[8] Razia pilotou o coche durante a proba de pilotos mozos, ao final da tempada,[9] pero non participou en todas as reunións, nos grandes premios. O Equipo Lotus contratouno como piloto de probas e reserva para 2011, co seu programa que se executa en paralelo á súa participación na GP2 do Equipo AirAsia, que foi dirixido polo director do equipo Lotus Tony Fernandes.[10] O tomou parte na primeira sesión de práctica libre da Gran Premio da China de 2011, e unha vez máis na proba de novos pilotos ao final da tempada 2011.
Marussia (2013)
[editar | editar a fonte]Razia ía facer o seu debut en competición no Gran Premio de Australia de 2013, pilotando para Marussia, pero tivo problemas de financiamento cos seus patrocinadores e o seu contrato foi resolto, foi substituído por Jules Bianchi.[11]
Racing récord
[editar | editar a fonte]Resumo da Carreira
[editar | editar a fonte]Tempada | Series | Equipo | Carreiras | Gañados | Poles | VR | Podios | Puntos | Posición |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2005 | Fórmula 3 Suramericana | Dragão Motorsport | 18 | 2 | 2 | 4 | 6 | 52 | 6º |
Fórmula Renault 2.0 | 13 | 0 | 0 | 0 | 0 | 68 | 10º | ||
2006 | Fórmula 3 Suramericana | Razia Sports | 16 | 7 | 6 | 7 | 11 | 99 | 1º |
F3000 International Masters | Charouz Racing System | 3 | 3 | 0 | ? | 3 | 30 | 8º | |
2007 | Euroseries 3000 | Fisichella Motor Sport | 16 | 0 | 1 | 1 | 4 | 57 | 3º |
ELK Motorsport | |||||||||
Italian Fórmula 3000 | Fisichella Motor Sport | 8 | 0 | 0 | 0 | 2 | 26 | 4º | |
ELK Motorsport | |||||||||
Fórmula Renault 3.5 Series | GD Racing | 4 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 38º | |
2008 | Euroseries 3000 | ELK Motorsport | 13 | 2 | 1 | 1 | 5 | 52 | 4º |
Italian Formula 3000 | 8 | 1 | 0 | 1 | 3 | 32 | 4º | ||
2008–09 | GP2 Asia Series | Trust Team Arden | 11 | 1 | 0 | 0 | 1 | 9 | 13º |
2009 | GP2 Series | Fisichella Motor Sport | 18 | 1 | 0 | 1 | 1 | 8 | 19º |
Scuderia Coloni | |||||||||
2009–10 | GP2 Asia Series | Barwa Addax | 4 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 26º |
Rapax Team | |||||||||
2010 | GP2 Series | Rapax Team | 20 | 0 | 0 | 1 | 3 | 28 | 11º |
2010 | Virgin Racing | Piloto de probas | |||||||
2011 | GP2 Series | Caterham Team AirAsia | 18 | 0 | 1 | 0 | 2 | 19 | 12º |
GP2 Final | 2 | 0 | 0 | 1 | 1 | 9 | 3º | ||
GP2 Asia Series | Team AirAsia | 4 | 0 | 0 | 0 | 0 | 0 | 25º | |
2011 | Team Lotus | Piloto de probas | |||||||
2012 | GP2 Series | Arden International | 24 | 4 | 0 | 3 | 9 | 222 | 2º |
Resultados completos na Fórmula Renault 3.5 Series
[editar | editar a fonte](Chave) (As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | Pos | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007 | GD Racing | MNZ 1 |
MNZ 2 |
NÜR 1 |
NÜR 2 |
MON 1 |
HUN 1 |
HUN 2 |
SPA 1 |
SPA 2 |
DON 1 Ret |
DON 2 Ret |
MAG 1 Ret |
MAG 2 20 |
EST 1 |
EST 2 |
CAT 1 |
CAT 2 |
38º | 0 |
Resultados completos na GP2 Series
[editar | editar a fonte](Chave) (As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida)
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | DC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2009 | Fisichella Motor Sport | ESP FEA 16 |
ESP SPR 12 |
MON FEA 13 |
MON SPR 10 |
TUR FEA Ret |
TUR SPR 20 |
RU FEA 20 |
RU SPR Ret |
GER FEA Ret |
GER SPR 14 |
HUN FEA Ret |
HUN SPR Ret |
19º | 8 | ||||||||||||
PartyPokerRacing.com Scuderia Coloni |
VAL FEA Ret |
VAL SPR 13 |
BEL FEA |
BEL SPR |
ITA FEA 8 |
ITA SPR 1 |
POR FEA 10 |
POR SPR 17 |
|||||||||||||||||||
2010 | Rapax Team | ESP FEA 7 |
ESP SPR 2 |
MON FEA 7 |
MON SPR 5 |
TUR FEA 5 |
TUR SPR 2 |
VAL FEA Ret |
VAL SPR Ret |
RU FEA Ret |
RU SPR 15 |
GER FEA Ret |
GER SPR 13 |
HUN FEA 10 |
HUN SPR Ret |
BEL FEA 16 |
BEL SPR 10 |
ITA FEA Ret |
ITA SPR 10 |
ABU FEA 7 |
ABU SPR 2 |
11º | 28 | ||||
2011 | Caterham Team AirAsia | TUR FEA 6 |
TUR SPR 18 |
ESP FEA Ret |
ESP SPR Ret |
MON FEA Ret |
MON SPR 20 |
VAL FEA 6 |
VAL SPR 2 |
RU FEA 17 |
RU SPR 14 |
GER FEA Ret |
GER SPR 14 |
HUN FEA 3 |
HUN SPR 7 |
BEL FEA Ret |
BEL SPR Ret |
ITA FEA 10 |
ITA SPR 9 |
12º | 19 | ||||||
2012 | Arden International | MYS FEA 1 |
MYS SPR 5 |
BHR1 FEA 2 |
BHR1 SPR 4 |
BHR2 FEA 4 |
BHR2 SPR 2 |
ESP FEA 8 |
ESP SPR 1 |
MON FEA 15 |
MON SPR 6 |
VAL FEA 3 |
VAL SPR 1 |
RU FEA 5 |
RU SPR 1 |
GER FEA 7 |
GER SPR 10 |
HUN FEA 3 |
HUN SPR 3 |
BEL FEA 6 |
BEL SPR 20 |
ITA FEA Ret |
ITA SPR 16 |
SGP FEA 5 |
SGP SPR 4 |
2º | 222 |
Resultados completos na GP2 Asia Series
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | DC | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2008–09 | Trust Team Arden | CHN FEA Ret |
CHN SPR 17 |
DUB FEA 10 |
DUB SPR C |
BHR1 FEA 14 |
BHR1 SPR 9 |
QAT FEA 8 |
QAT SPR 6 |
MYS FEA Ret |
MYS SPR Ret |
BHR2 FEA 8 |
BHR2 SPR 1 |
13th | 9 |
2009–10 | Barwa Addax Team | ABU1 FEA Ret |
ABU1 SPR 11 |
ABU2 FEA |
ABU2 SPR |
BHR1 FEA |
BHR1 SPR |
26º | 0 | ||||||
Rapax Team | BHR2 FEA Ret |
BHR2 SPR 13 |
|||||||||||||
2011 | Team AirAsia | ABU FEA Ret |
ABU SPR 16 |
ITA FEA Ret |
ITA SPR 14 |
25º | 0 |
Resultados completos na Fórmula Un
[editar | editar a fonte](Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2011 | Team Lotus | Lotus T128 | Renault RS27 2.4 V8 | AUS | MAL | CHN TD |
TUR | ESP | MON | CAN | EUR | RU | ALE | HUN | BEL | ITA | SIN | XPN | COR | IND | ABU | BRA TD |
– | – |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Razia takes Risatti's place at GD". crash.net. 2007-09-07. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2008-10-07.
- ↑ "Luiz Razia extends contract with Elk Motorsport". italiaracing.net. 2008-02-10. Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2008. Consultado o 2008-10-01.
- ↑ "Champion team to test trio at Ricard". crash.net. 2008-09-24. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2008-10-01.
- ↑ "Razia joins Arden, Villa to Super Nova". GPUpdate.net. 2008-10-02. Consultado o 2011-01-30.
- ↑ "Razia joins Fisichella for GP2 season". autosport.com. 2009-02-27. Consultado o 2009-02-27.
- ↑ O'Leary, Jamie (2009-10-21). "Razia joins Barwa Addax for Asia". autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2009-10-23.
- ↑ "Luiz Razia set to join Rapax in Bahrain's finale". GP2 Series (GP2 Motorsport Limited). 2010-03-08. Arquivado dende o orixinal o 10 de marzo de 2010. Consultado o 2010-03-14.
- ↑ Elizalde, Pablo; Glendenning, Mark (2009-12-15). "Parente, Razia join Virgin as testers". Autosport.com (Haymarket Publications). Consultado o 2009-12-15.
- ↑ "Ricciardo still on top on session 3 in Abu Dhabi". Racer.com. 17 November 2010. Consultado o 14 November 2011.
- ↑ "2011 Test Driver Line-up". Teamlotus.co.uk (Team Lotus). 11 March 2011. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2011. Consultado o 8 April 2011.
- ↑ "Bianchi replaces Razia at Marussia for 2013". gpupdate.net (GPUPDATE.NET). 1 March 2013. Consultado o 1 March 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Luiz Razia |