Saltar ao contido

Luis Antonio de Vega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuis Antonio de Vega
Biografía
Nacemento(es) Luis Antonio de Vega y Rubio Editar o valor en Wikidata
24 de maio de 1900
Bilbao
Morte1977
Madrid
ResidenciaLarache
Donostia
Madrid Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidadeespañola
EducaciónEscola Normal de Bilbao
Actividade
OcupaciónEscritor, xornalista, arabista e gastrónomo

BNE: XX1072481

Luis Antonio de Vega y Rubio, nado en Bilbao o 24 de maio de 1900 e finado en Madrid en 1977, foi un escritor, xornalista e gastrónomo español.[1] Ademais, foi un arabista de gran prestixio.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

De Vega fixo os seus estudos primarios en dúas escolas públicas. Finalizada a ensinanza elemental, estudou contabilidade. Durante a súa infancia acostumaba pasar os períodos de vacacións escolares en Castrojeriz (Burgos), de onde era natural seu pai, ou en Durango, Biscaia, cos parentes da súa nai. Matriculouse na Escola Normal de Bilbao, onde cursou a carreira de Maxisterio.[1]

Pasou os primeiros 24 anos da súa vida en Bilbao. Foi un grande observador de canto ocorría ao seu redor, que logo trasladaría aos seus libros, sobre todo aspectos gastronómicos. Lembranzas daquelas épocas quedaron plasmadas na súas novelas Primavera en Castilla, Como las algas muertas e Las milloneras. Daquela xa escribira numerosos textos, en prosa e en verso. Enganchado xa na literatura, decantouse pola estética do modernismo e o exotismo.[1]

Comezou a súa carreira literaria ao gañar un concurso de relatos convocado por unha revista neoiorquina. Foi redactor de El Nervión entre 1917 e 1922 e, entre 1922 e 1926, de El Pueblo Vasco. Este último ano foi destinado, como director, ás Escolas Árabes de Larache e, en 1934, ás de Tetuán. Ao estalar a guerra civil encontrábase en Roma como correspondente do diario Informaciones. Pasou á zona nacional, sendo adscrito en Burgos á Dirección Xeral de Prensa e Propaganda. Foi redactor xefe do semanario Domingo, editada en San Sebastián.[3] Oo nº 1 desta revista publicouse o 21 de febreiro de 1937, pasando, a partir do 2 de xullo dese ano a publicarse en Madrid. O último número que se publicou foi o 1496, o 24 de outubro de 1965.[4]

Desde 1923 colaboraba en Euskalerriaren Alde. Tras o final da guerra, faino en Vida Vasca, onde publicou numerosos artigos sobre historia, arte, folclore, paisaxes e descricións vascas. Autor prolífico de novelas e ensaios como a citada Las Milloneras (Bilbao, 1925), Chiquita de Bilbao (Barcelona, 1944), Los que no descienden de Eva (premio Unamuno 1941), Pirineo Romántico (Madrid, 1950), El amor de la sota de espadas, ambientada no Bilbao de 1920 (Madrid, Premio Pedro Antonio de Alarcón), Guía gastronómica de España (1957), Nosotros los vascos (1962) e Pío Baroja (1965). Como poeta cómpre citar Timonel (Bilbao, 1922) e Romancero colonial.[3]

O resto da vida de Luis Antonio de Vega transcorreu en Madrid. Unha das súas obras máis coñecidas foi La tragedia de las Hurdes, resultado da súa experiencia profesional, cando o xornal El Pueblo Vasco o envira a esa zona para que informara sobre a viaxe do rei Afonso XIII a aquela comarca.[1]

Gran afeccionado á gastronomía escribiu tamén diversos textos sobre viaxes e gastronomía, entre os que destaca Viaje por la cocina española e a súa Guía vinícola de España, ademais de folletos propagandísticos e artigos sobre temas en diversas publicacións turísticas.[1]

  • Timonel
  • Romancero colonial
  • El retorno de Euria Massard, 1921
  • L'Busbir
  • Como las algas muertas
  • Los que no descienden de Eva, (Premio Unamuno. 2ª edición traducida ó alemán)
  • Sirena de pólvora
  • La casa de las rosas amarillas
  • La disparatada vida de Elisabeth
  • Amor entró en la judería, Espasa Calpe, 1944
  • Yo le di mis ojos, 1952
  • El barrio de las bocas pintadas, 1954
  • Los hijos del novio, 1956
  • El amor de la sota de espadas (Premio Pedro Antonio de Alarcón). Última edición: 2001, Bilbao, Ed. El Tilo. ISBN 978-84-8860-017-2

Culinaria

[editar | editar a fonte]

A obra culinaria de Luis Antonio de Vega céntrase principalmente na recompilación de temas culinarios diversos en torno de diversos libros. Algúns dos máis coñecidos son:

  • Viaje por la cocina española
  • Guía gastronómica de España

Reportaxes

[editar | editar a fonte]
  • Por el camino de los dromedarios
  • Mis amigas eran espías
  • Espías sobre el mapa de África
  • Yo he sido emperador

Biografía

[editar | editar a fonte]
  • Frascuelo
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Luis Antonio de Vega y Rubio en Real Academia de la Histoira.
  2. Susan Martin-Márquez (2008): Disorientations: Spanish colonialism in Africa and the performance of identity. New Haven, Connecticut, USA: Yale University Press. ISBN 978-0-3001-2520-7.
  3. 3,0 3,1 Vega Rubio, Luis Antonio de en Auñamendi Eusko Entziklopediara.
  4. DonostiaKultura.