Saltar ao contido

Luciano Huck

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuciano Huck

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(pt) Luciano Grostein Huck Editar o valor en Wikidata
3 de setembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (53 anos)
São Paulo, Brasil Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónFacultade de dereito da Universidade de São Paulo
Universidade de São Paulo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresentador de televisión, emprendedor, xornalista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata -
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020
22 de xaneiro de 2019Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2019
Asia Summit 2020 (en) Traducir
Reto do balde de xeo Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeAngélica (2004–) Editar o valor en Wikidata
ParellaIvete Sangalo Editar o valor en Wikidata
PaisHermes Marcelo Huck Editar o valor en Wikidata  e Marta Dora Grostein Huck Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1045603 Facebook: LucianoHuck Twitter: lucianohuck Instagram: lucianohuck Editar o valor en Wikidata

Luciano Grostein Huck, nado en São Paulo o 3 de setembro de 1971, máis coñecido como Luciano Huck é un presentador de televisión, empresario e actor brasileiro. Está casado coa tamén presentadora Angélica.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Luciano Huck é fillo da deseñadora e urbanista Marta Dora Grostein e Hermes Marcelo Huck, profesor titular de Dereito Económico da Facultade de Dereito da Universidade de São Paulo.

Cursou Dereito na Universidade de São Paulo, cursando despois Xornalismo na mesma institución. En seguida foi chamado para traballar como xornalista na 95 FM, antiga radio rock de São Paulo, onde protagonizou programas de moito éxito, ademais foi propietario, con outros tres empresarios, dunha filial da emisora no Río de Xaneiro entre os anos 2000 e 2008. Comezou a súa carreira televisiva na TV Gazeta de São Paulo co programa Circulando, que duraba dez minutos ao final da tarde. Pouco despois gañou fama nacional presentando o Programa H, un programa de variedades destinado ao público xuvenil, no cal creou as personaxes Tiazinha e Feiticeira. Actualmente presenta o programa Caldeirão do Huck, na Rede Globo de Televisión, emitido polas tardes do sábado.

Participa anualmente do Show Criança Esperança

É o ideólogo da organización non gobernamental Instituto Criar de TV e Cinema, creada en agosto de 2003, que ten coma obxectivo educar a xoves de baixo poder económico en técnicas do mundo cinematográfico.

Ata o momento participou en cinco películas: Um Show de Verão e Xuxa e os Duendes dos cales foi o protagonista, e os outros tres que non foron divulgados pola Globo.

Cinema e TV

[editar | editar a fonte]
  • Xuxa Requebra (1999; presentador)
  • Xuxa e os Duendes (2001; Tomate)
  • Um Show de Verão (2004; Marcelo)
  • Turma da Mônica em Cine Gibi (2005; Luciano Huck)
  • Casseta & Planeta (2005; varios papeis)
  • Beleza Pura (2007; Luciano Huck)
  • Malhação (2008; Luciano Huck)
  • Xuxa e o Mistério de Feiurinha (2009; Príncipe da Rapunzel)
  • Geral.com (2010; Luciano Huck)
  • As Cariocas (série) (2010; Cícero)
  • Enrolados (2010; Flynn Ryder na dobraxe e Príncipe da Rapunzel)
  • A Grande Família (2011; como el mesmo)
  • Fina Estampa (2011; como el mesmo)
  • Enrolados (2010; Flynn Rider)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]