Luís García Mañá
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 19 de outubro de 1950 (74 anos) Ourense, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | |
Xénero artístico | ensaio, narrativa |
Luís Manuel García Mañá, nado en Ourense o 19 de outubro de 1950, é un policía, escritor e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciado en Dereito, cursou estudos de Maxisterio, Tocoloxía Forense e Antropoloxía Cultural.[1] Foi Comisario Xefe de Policía en Madrid, Vigo e Ourense, e desde 2004 exerce a responsabilidade de Comisario Principal, Xefe Superior de Policía de Galicia.[2] Académico correspondente da Real Academia Galega, membro numerario do Instituto de Estudios Vigueses, da Fundación Premios da Crítica Galicia, do Padroado da Fundación Otero Pedrayo, do PEN Clube de Galicia, fillo adoptivo de Calvos de Randín.[3]
Realizou un importante labor no rescate e difusión da historia do Couto Mixto con obras como La Frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense (1988), Miño: ¿existiu unha fronteira?: apuntes históricos, xurídicos e sociolóxicos (1993) e Couto Mixto: unha república esquecida (2000 e 2005).[4]
Colaborou en Boletín Auriense, Boletín do Instituto de Estudios Vigueses, Eixo Atlántico, Lingua Viva, Tempo Exterior, La Voz de Galicia, La Región e Faro de Vigo. Participou coa reconstrución fisionómica de Manuel Blanco Romasanta no libro O home do unto. Manuel Blanco Romasanta (1991) e no estudo La droga en la población escolar no universitaria.
Nas eleccións xerais de 2015 presentouse ao Senado polo PSOE pola provincia de Ourense e foi elixido senador.
É o primeiro presidente da Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- Miño: ¿existiu unha fronteira? Apuntes históricos, xurídicos e sociolóxicos (1993). Vigo: Galaxia. 328 páxs. ISBN 978-84-9151-581-4 (2ª).
- Couto Mixto. Unha república esquecida (2000). Vigo: Xerais. 200 páxs. ISBN 978-84-9782-325-8.[5]
Narrativa
[editar | editar a fonte]- O lume de Santo Antón (1997). Vigo: Xerais. Traducida ao castelán en 2002.[6] 160 páxs. ISBN 978-84-8302-143-9 (2ª)
- As plumas do moucho (1999). Vigo: Ir Indo. 160 páxs. ISBN 978-8476803066.
- Menino morreu (2003). Vigo: Xerais. 168 páxs. ISBN 9788483029442.
- O grito do Ipiranga (2010).[7] Vigo: Xerais. 136 páxs. ISBN 978-84-9914-119-0. ePub: ISBN 978-84-9121-169-3.
- Por que as sombras non teñen ollos (2015).[8] Vigo: Xerais. 168 páxs. ISBN 978-84-9914-920-2 (2ª). ePub: ISBN 978-84-9914-923-3.
- Non fales o que non debes (2020). Vigo: Xerais. 184 páxs. ISBN 978-84-9121-679-7. ePub: ISBN 978-84-9121-681-0.
- Non é de Taramundi (2022). Vigo: Galaxia. 148 páxs. ISBN 978-84-9151-837-2.
- In articulo mortis (2023). Vigo: Galaxia. 160 páxs. ISBN 978-84-1176-023-2. Recrea a figura de Romasanta.[9]
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Ensaio
[editar | editar a fonte]- De los corregidores a los gobernadores civiles de Ourense (1986). La Voz de Galicia.
- La frontera hispano-lusa en la provincia de Ourense (1988). Boletín Auriense.
- Las boticas de Vigo y el arte del oficio (1998). Vigo. 29 páxs. Discurso de ingreso.
- Reflexiones y experiencias de un jefe de policía (2013). Reus.
Premios
[editar | editar a fonte]- 2001: Xuíz honorario do Couto Mixto[10].
- 2006: foi recoñecido co premio Lois Peña Novo[11].
- 2008: Fillo adoptivo[12] de Calvos de Randín[13].
Predecesor: --- |
Presidente da Academia das Ciencias Sociais do Couto Mixto 2023 - actualidade |
Sucesor: no cargo |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Luis Manuel García Mañá Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-05-19.
- ↑ Mato, Salustiano (11 de setembro de 2011). "Luís García Mañá, el hombre que piensa rápido". elpais.com (en castelán). Consultado o 26 de marzo de 2023.
- ↑ "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-19.
- ↑ "Luís Manuel García Mañá". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-19.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-19.
- ↑ "El fuego de San Antonio". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 2019-06-29.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-19.
- ↑ "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2022-05-19.
- ↑ "In articulo mortis". Editorial Galaxia. Consultado o 2023-06-01.
- ↑ "Fernández del Riego, Mañá e García Rivero, xuíces de honra do Couto Mixto". 19/08/2001. Consultado o 07/05/2023.
- ↑ "García Mañá, R e os Xulgados de Lalín obtiveron o Premio Peña Novo". 02/06/2006. Consultado o 07/05/2023.
- ↑ "O pleno de Calvos de Randín nomea a Luis García Mañá fillo adoptivo polo seu apoio ao Couto Mixto". 30/12/2007. Consultado o 07/05/2023.
- ↑ "Nomeamento de Luís García Mañá como fillo adoptivo de Calvos de Randin". Galeguizar Galicia. Consultado o 07/05/2023.