Luís Carlos Correia Pinto
(2015) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de maio de 1985 (39 anos) Porto, Portugal | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 175 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2004 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 16 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Luís Carlos Correia Pinto, coñecido como Luisinho, nado en Porto o 5 de maio de 1985, é un futbolista portugués. Xoga de lateral esquerdo e o seu equipo actual é o Leixões SC.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O 19 de agosto de 2013 fichou polo Deportivo da Coruña, acabado de descender a Segunda División, procedente do Benfica.[1] Fixo o seu debut na xornada 3, nunha vitoria fronte o Sabadell a domicilio (0–3), chegando o seu primeiro gol na xornada 14, nunha vitoria fronte o RCD Mallorca en Riazor (3–1). Ese ano o club coruñés ascendeu a Primeira División, participando Luisinho en 31 partidos e anotando 3 goles.
O 4 de decembro de 2014 renovou co club coruñés até xuño de 2018.[2] O 9 de outubro de 2017 anunciouse a súa renovación, ampliando o seu contrato até xuño de 2020.[3]
O 15 de xuño de 2018, o Deportivo e o SD Huesca, ascendido por primeira vez na súa historia a Primeira División, chegaron a un acordo para o traspaso de Luisinho tras cinco tempadas na Coruña.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ La administración concursal autoriza tras la salida de Bruno la incorporación de Fabricio y Luisinho
- ↑ Luisinho apuesta por el Dépor y renueva hasta 2018
- ↑ "Luisinho, branquiazul ata 2020". Deportivo da Coruña. 9 de outubro de 2017.
- ↑ O Deportivo e a SD Huesca chegan a un acordo para o traspaso de Luisinho