Long Island, Bahamas
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Reinos da Commonwealth | Bahamas | ||||
Capital | Clarence Town (pt) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.024 (5,07 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 596 km² | ||||
Medición | 6 () × 130 () km | ||||
Bañado por | Mar Caribe | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | BS-LI | ||||
Long Island (Illa Longa) é unha illa nas Bahamas que está dividida polo Trópico de Cáncer. a súa capital é Clarence City. Long Island é un dos Distritos das Bahamas e é coñecida como a illa máis pintoresca das Bahamas. A poboación era de 3.094 habitantes no censo de 2.010.[1]
Xeografía
[editar | editar a fonte]Illa Longa (en inglés: Long Island) ten case 130 quilómetros de longo e 6 km no seu punto máis largo, a superfice é de 596 km². a illa Longa esta a aproximadamente a 265 quilómetros ao sueste de Nassau a capital das Bahamas, que se atopa na illa de New Providence. Algúns dos principais asentamentos son Clarence City ou Cidade Clarence, que é a capital da illa, Hamilton (famoso pola súa cova de viaxes), The Buckley, Scrub Hill, Simms, Salt Pond e Stella Maris. Illa Longa é un dos distritos das Bahamas recoñecidos como un dos máis pintorescos de todo o arquipélago.
O lado nordés de Long Island caracterízase polos seus empinados promontorios rochosos, mentres que a costa suroeste caracterízase polas súas amplas praias de area branca. O terreo varía amplamente en toda a illa, incluídas as extensións planas brancas de onde se extrae o sal, as terras pantanosas, as praias e os outeiros inclinados (no norte) e baixos (no sur).
Long Island é particularmente coñecida polas súas covas, que xogaron un papel importante na historia da illa. Dean's Blue Hole, situado ao oeste de Clarence Town, é o segundo pozo máis profundo do mundo, caendo a unha profundidade duns 200 metros, polo que é máis do dobre da profundidade da maioría dos outros grandes buracos.
Long Island está rodeada de pequenas baías e enseadas, incluído o gran New Found Harbour ao oeste de Deadman's Cay, aproximadamente na metade da illa. Tamén hai illas máis pequenas fora da costa, incluído Sandy Cay.
Historia
[editar | editar a fonte]A illa foi orixinalmente chamada co nome arahuaco de "Yuma". Foi rebautizada "Fernandina" por Cristovo Colón na súa primeira viaxe en 1492, crese que foi a a súa terceira parada, logo de San Salvador e Rum Cay. Evidencias arqueolóxicas mostran que a tribo taína Lucayan vivía en Illa Longa, probablemente no sistema de covas da illa, como o fixeron en toda a cadea de illas de Bahamas. Logo da desaparición dos lucayans, foron levados como escravos á Española e Cuba, desde entón non houbo grandes asentamentos ata a chegada de norteamericanos leais á Coroa Británica.
Os leais á Coroa eran persoas procedentes principalmente de Nova Inglaterra e Nova Jersey que fuxiron da Revolución Americana. Numerosas familias asentáronse na época en Illa Longa, o que produciu o establecemento dalgunhas plantacións de algodón e outros actividades como a cría de gando e ovellas. As plantacións floreceron só uns poucos anos e, no momento da abolición da escravitude en 1834, a maioría delas abandonáronse. Hai moitas ruínas desta época, a maioría das cales son cubertas pola selva. Tamén hai restos dalgunhas das casas construídas logo da escravitude, que polo xeral son pequenas e construídas de pedra. Orixinalmente tiñan teitos de palla, hoxe, a maioría son modernas. Os descendentes destas familias seguen estando moi estendidos na illa. A poboación de Illa Longa é de aproximadamente 4000 habitantes.
Parte da economía baséase no turismo e a agricultura, a pesca. Os habitantes cultivan chícharos, millo, plátanos e ananás, e posúen pequenos animais como porcos, galiñas, cabras e ovellas. Algúns se utilizan como gando para a exportación. Os turistas gozan da vela, pesca, mergullo, snorkeling e do relaxarse en praias e o estudo da súa peculiar paisaxe, que consisten de outeiros escarpadas e ondas ao longo da costa oriental do Atlántico, con augas máis tranquilas na costa oeste.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ LONG ISLAND POPULATION BY SETTLEMENT AND TOTAL NUMBER OF OCCUPIED DWELLINGS: 2010 CENSUS - Bahamas Department of Statistics
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Long Island, Bahamas |