Lois I de Baviera
Lois I de Baviera (en alemán Ludwig I. von Bayern), nado en Estrasburgo o 25 de agosto de 1786 e finado en Niza o 29 de febreiro de 1868, foi rei de Baviera de 1825 a 1848 ao suceder ao seu pai, o rei Maximiliano I.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Lois era o fillo primoxénito de Maximiliano I de Baviera e da súa primeira esposa, a princesa Augusta Guillermina de Hesse-Darmstadt. Durante a súa xuventude adquiriu o gusto polas artes, efectuando numerosas viaxes a Italia. Tomou parte nas Guerras Napoleónicas, inicialmente coas tropas de Napoleón Bonaparte, para logo cambiar de bando en 1813.
En 1810 casou coa princesa Teresa de Saxonia-Hildburghausen, á que lle sería repetidamente infiel.
Con motivo das celebracións nupciais, realizáronse festas populares que son consideradas como a orixe da Oktoberfest, a Festa da Cervexa de Múnic.
Tras a morte de seu padre en 1825, Lois accedeu ao trono. En 1833 favoreceu a formación da Unión Aduaneira de Alemaña. Adoptou unha política constitucional moderada durante os primeiros anos do seu reinado, pero máis tarde gobernou como un monarca absoluto en resposta ao espírito revolucionario que triunfaba en Europa.
Os políticos católicos dominaron a vida do país na última década do seu mandato, pero non conseguiron que desterrara á súa amante, a bailarina irlandesa Lola Montez.
Abdicou en favor de seu fillo Maximiliano II de Baviera durante a Revolución de 1848, que se estendeu desde Francia a outras partes de Europa. Posteriormente trasladouse a Francia, onde pasou case todo o resto da súa vida, morrendo en Niza en 1868.
Descendencia
[editar | editar a fonte]Lois I contraeu matrimonio en Múnic o 12 de outubro de 1810,ref>Ficha xenealóxica de Lois I de Baviera.</ref> coa princesa Teresa de Saxonia-Altenburgo.
A parella tivo en total nove fillos:
- Maximiliano (1811-1864), rei de Baviera (1848-1864); con sucesión.
- Matilde Carolina (1813-1862), casada co Gran Duque Lois III de Hesse-Darmstadt; sen sucesión.
- Otón (1815-1867), designado rei de Grecia (1832-1862); sen sucesión.
- Teodolinda de Baviera (1816-1817), que faleceu prematuramente.
- Leopoldo (1821-1912), rexente de Baviera (1886-1912); pai do futuro Lois III de Baviera.
- Aldegunda (1823-1914), casada co Gran Duque Francisco V de Módena.
- Hildegarda (1825-1864), casada col arquiduque Alberte de Austria, duque de Teschen; con sucesión.
- Alexandra (1826-1875), falecida solteira.
- Adalberto (1828-1875), casado coa infanta Amalia de Borbón, irmá do rei consorte de España Francisco de Asís; con sucesión.
Predecesor: Maximilano I |
Rei de Baviera 1825-1848 |
Sucesor: Maximiliano II |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lois I de Baviera |