Saltar ao contido

Llívia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaLlívia
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°27′50″N 1°58′45″L / 42.463929, 1.979071
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCataluña
Ámbito funcional territorialAlt Pirineu i Aran
ComarcaBaixa Cerdanya Editar o valor en Wikidata
Exclave deCataluña e España Editar o valor en Wikidata
Enclave enPireneos Orientais, Francia e Cataluña do Norte Editar o valor en Wikidata
Capital de
CapitalLlivia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.506 (2023) Editar o valor en Wikidata (116,74 hab./km²)
Número de fogares72 (1553) Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua catalá Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie12,9 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Segre Editar o valor en Wikidata
Altitude1.224 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAlbert Cruïlles (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal17527 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE17094 Editar o valor en Wikidata
Código territorial IDESCAT170947 Editar o valor en Wikidata

Páxina webllivia.org Editar o valor en Wikidata
BNE: XX452911

Llívia é un concello e exclave catalán de España en territorio francés que pertence administrativamente á comarca da Baixa Cerdanya, na provincia de Xirona. Está situado a 153 quilómetros ao norte de Xirona e rodeado na súa totalidade por territorio francés.

A lingua tradicional da localidade é o catalán.

A singularidade do enclave de Llívia provén do estipulado no Tratado dos Pireneos de 1659, polo cal España lle cedeu a Francia as 33 poboacións das comarcas de Vallespir, Capcir, Conflent e a Alta Cerdaña, que hoxe en día forman, xuntamente co Rosellón, o departamento francés dos Pireneos Orientais.

Llívia quedou fóra deste tratado por tratarse dunha vila, privilexio concedido por Carlos I de España, polo que continuou baixo dominio do rei de España. O 11 de febreiro de 1939, a finais da guerra civil española, as autoridades do bando nacional pedíronlles ás autoridades francesas permiso para ocupar Llívia.

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Localidades do municipio
Localidade Poboación
(2007)
Cereja 26
Gorguja 23
diseminados 22
Llívia 1.317
Total 1.388

A vila de Llívia (1.223 m) atópase nos Pireneos, no val da Cerdaña. Está situada ao pé do Turó del Castell, estendéndose polo chairo de Fontanelles. Llívia pertence á xurisdición de Puigcerdà.

Está limitada polos termos de Bourg-Madame e de Sainte-Léocadie, ao sur; de Ur e de Angoustrine-Villeneuve-des-Escaldes, a poñente; de Targassonne, por tramuntana; e de Estavar e de Saillagouse, a levante. O río Segre cruza o termo municipal, entrando por Estavar. Ao seu paso por Llívia, recibe as contribucións fluviais dos ríos Er, Targasona e Éguet. Cara ao nordés e detrás da crista do Puig do Castell, pode accederse ás tranquilas paraxes da font del Sofre, máis próxima e situada á pequena val de Estaüja, e da font del Ferro, na confluencia do torrente do Tudó coa riera de les Valls ou de Targasona.

No seu territorio destacan o Puig de Llívia (1.357,5 m), tamén chamado Turó del Castell, o Serrat de Baladret (1.428 m) e o Pla del Tudó (1.403 m), ademais da Roca Canal e o Serrat de Palmanill, formando unha pequena serra prolongada en dirección ao caos de Targasona e de Angostrina, e sobresaíndo da fértil chaira que rodea a vila.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A súa poboación en 2008 era de 1.517 habitantes, repartidos nun territorio de 12,83 km².

Demografía histórica
do municipio
Ano Poboación
1900 941
1930 743
1950 755
1970 856
2007 1388

Principais actividades

[editar | editar a fonte]
  • Festcat. Escola da festa. Celebrábase a segunda semana completa do mes de xullo, con cursos, talleres, espectáculos e actividades abertas a toda a poboación da comarca, nas que participaban destacados artistas e tertulianos. Realizouse desde 1996 ata 2012, ano no que se celebrou a derradeira edición debido á baixa participación.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]