Linguaxe desprazada
Aparencia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A linguaxe desprazada é un concepto introducido por Leonard Bloomfield para designa-los actos da linguaxe referidos a suxeitos non ligados ó contexto inmediato dunha manifestación.
Cando na infancia se empeza a adquiri-la linguaxe, esta está ligada ó presente no período holofrásico e os seus conceptos apártanse do estímulo orixinal. Esta capacidade para xerar unha ‘linguaxe desprazada’ evoluciona seguindo estadios definidos. A capacidade para o desprazamento ou referencia ó pasado, propia ou case exclusivamente da linguaxe humana, aparece antes que a referencia ó futuro.