Linguas bora
Aparencia
Bora | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Bora–muinane | |
Falado en: | Colombia e o Brasil | |
Rexións: | Noroeste do Amazonas | |
Total de falantes: | ||
Familia: | Bora-witoto Bora | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | --
| |
ISO 639-2: | ---
| |
Mapa | ||
Status | ||
As linguas bora (tamén coñecidas como bora–muinane, bora–muiname, miranyan, miranya ou bórano) son unha pequena familia de linguas formada soamente por dúas linguas.
Linguas
[editar | editar a fonte]As dúas linguas bora son:
- Bora (tamén coñecida como bora–miranya, boro, meamuyna) do sueste de Colombia, nordeste do Perú e oeste do Brasil (Estado do Amazonas)
- Muinane (tamén coñecida como bora muinane, muinane Bora, muinani, muename) do suroeste de Colombia (Departamento do Amazonas)
Loukotka (1968) tamén inclúe a lingua nonuya, falada no nacemento do río Cahuinari, como unha lingua bora, porén só foron documentadas unhas poucas palabras.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Loukotka, Čestmír (1968). Classification of South American Indian languages. Os Ánxeles: UCLA Latin American Center.
A Galipedia ten un portal sobre: Pobos indíxenas de América |