Saltar ao contido

Lingua miskito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miskito
Mískitu
Falado en: Nicaragua, Honduras
Rexións: Rexión Autónoma do Atlántico Norte
Total de falantes: 150 000 (2005)[1]
Familia: Americana
 Misumalpa
  Miskito
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: ---
ISO 639-3: miq
Mapa
Status

O miskito está clasificado como "vulnerable" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[2]

A lingua miskito (Mískitu) é unha lingua misumalpa falada polo pobo miskito no nordeste de Nicaragua, especialmente na Rexión Autónoma do Atlántico Norte, e no leste de Honduras. Con 150 000 falantes, o miskito é a lingua máis falada da familia de linguas de Nicaragua e Honduras. O nome da familia, misumalpa, está formado a partir dos nomes dos seus subgrupos: miskito, sumo e matagalpa.

Ademais de moitas palabras prestadas doutras linguas misumalpas, o miskito ten un gran número de préstamos léxicos do inglés crioulo. Malia que o castelán é a lingua oficial de Nicaragua e Honduras, a súa influencia no miskito é moi recente e polo tanto máis superficial.

  1. Ethnologue (ed.). "Miskito at Ethnologue". Consultado o 27 de xullo de 2017. 
  2. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]