Lingua kazakh
kazakh 'Қазақ тілі/Qazaq tili' | ||
---|---|---|
Falado en: | Kazakhstán, China, Mongolia, Afganistán, Tadjiikistán, Turquía, Turkmenistán, Ucraína, Uzbekistán, Rusia e Irán | |
Rexións: | Asia central | |
Total de falantes: | 8 millóns | |
Posición: | 93 | |
Familia: | Altaica Turco Kipchak Kipchako-nogay kazakh | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Kazakhstán | |
Regulado por: | Non regulado | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | kk
| |
ISO 639-2: | kaz | |
SIL: | KAZ
| |
Mapa | ||
Status | ||
A lingua kazakh[2] é unha lingua turca da familia altaica, con grafía ben árabe na China, Irán ou Afganistán; ben cirílica. Durante a década de 1930 experimentouse coa latina en Turquía. É idioma oficial xunto coa lingua rusa de Kazakhstán; fálase nos territorios do que foi o amplo imperio mongol: a provincia chinesa de Xinjiang, Mongolia, Kirguizistán, Uzbekistán, Turkmenistán, Ucraína e Rusia. No 2000 era lingua materna de 11 000 000 de falantes aproximadamente, aínda que segundo outras fontes hai aproximadamente 8,5 millóns de falantes. Dende a segunda metade do século XX, Alemaña ten unha comunidade de falantes de kazakh. Esta comunidade está constituída principalmente polos descendentes de alemáns do Volga que foron deportados a campos de concentración e Gulags en Kazakhstán desde 1941 por decreto de Stalin e que, podendo sobrevivir, mesturáronse coa poboación local ou adoptaron a súa cultura, e máis tarde volveron a Alemaña.
Qazak significa vagabundo; o pobo kazakh que fala este idioma foi historicamente nómade.
Alfabeto
[editar | editar a fonte]O alfabeto cirílico kazakh baséase no alfabeto ruso ao que se lle engadiron nove letras: Ә, Ғ, Қ, Ң, Ө, Ұ, Ү, Һ, İ.
Cirílico | Qaydar Latín transliteración |
Janga Latín transcrición |
---|---|---|
А а | A a | A a |
Ә ә | Ä ä | Ä ä |
Б б | B b | B b |
В в | V v | V v |
Г г | G g | G g |
Ғ ғ | Ğ ğ | Gh gh |
Д д | D d | D d |
Е е | E e | E e inicialmente o tras unha vocal |
Ё ё | Yo yo | Yo yo |
Ж ж | J j | J j |
З з | Z z | Z z |
И и | Iy iy | I i |
Й й | Y y | Y y |
К к | K k | K k |
Қ қ | Q q | Q q |
Л л | L l | L l |
М м | M m | M m |
Н н | N n | N n |
Ң ң | Ñ ñ | Ng ng |
О о | O o | O o |
Ө ө | Ö ö | Ö ö |
П п | P p | P p |
Р р | R r | R r |
С с | S s | S s |
Т т | T t | T t |
У у | W w | U u |
Ұ ұ | U u | Û û |
Ү ү | Ü ü | Ü ü |
Ф ф | F f | F f |
Х х | X x | Kh kh |
Һ һ | H h | H h |
Ц ц | C c | Ts ts |
Ч ч | Ç ç | Ch ch |
Ш ш | Ş ş | Sh sh |
Щ щ | ? | Shy shy |
Ъ ъ | ? | |
Ы ы | I ı | Â â |
İ і | İ i | Î î |
Ь ь | ? | |
Э э | E e | Ê ê |
Ю ю | Yu yu | Yu yu |
Я я | Ya ya | Ya ya |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Kazakh". Digalego. Consultado o 24/12/2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Existe unha versión da Wikipedia en Lingua kazakh |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Lingua kazakh |