Liña 3 do metro de Barcelona
A liña 3 ou liña verde do metro de Barcelona é unha liña de ferrocarril metropolitano soterrada que dá servizo na cidade de Barcelona. É a liña máis antiga do metro, inaugurada o ano 1924 e bautizada como Gran Metro, unindo as estacións de Cataluña e Lesseps, baixo a xestión da compañía Grande Metropolitano de Barcelona ata a fusión con Ferrocarril Metropolitano de Barcelona.
Actualmente une as estacións de Zona Universitària e Trinitat Nova, nun trazado de dobre vía soterrada. As cocheiras atópanse en Sant Genís. As antigas cocheiras de Lesseps xa non dan servizo e tiñan a peculiaridade de estar situadas nunhas naves no exterior, subindo e baixando os trens cun elevador.[1] Actualmente ten 18,4 quilómetros de lonxitude e vinte e seis estacións.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vilaweb, ed. (22 de abril de 2006). "Punto e a parte. Accesos fáciles desde o principio". Consultado o 30 de agosto de 2010.
- ↑ Transports Metropolitans de Barcelona, ed. (10 de xullo de 2010). "A rede de metro de TMB chega aos 100 km coa prolongación do L2 ao centro de Badalona". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 1 de outubro de 2010.