Lexington Men O' War
Lexington Men O' War | |
---|---|
Fundación | 2002 |
Cidade | Lexington, Kentucky Estados Unidos |
Estadio | Rupp Arena (10.011 espectadores) |
Liga | East Coast Hockey League |
Os Lexington Men O' War foron un equipo profesional de hóckey sobre xeo que xogou na ECHL. O Men O' War xogaba os seus partidos como local no Rupp Arena en Lexington, Kentucky (Estados Unidos), na tempada 2002-03. Como o anterior equipo de Lexington (os Kentucky Thoroughblades), o éxito no xeo non estivo acompañada de boas cifras de asistencia. O nome Man O' War vén do cabalo de carreiras que foi criado en Lexington, tamén o nome dunha rúa moi transitada de Lexington. O equipo cesou a súa actividade logo da tempada 2002-03, e puido revivir máis tarde coa adquisición da franquía baixo o nome Utah Grizzlies ao principio da tempada 2005–06.[1]
Jim Wiley foi o único adestrador do equipo, co que conseguiu un rexistro de 34 vitorias, 31 derrotas e 7 empates, conseguindo a clasificación para os play-offs, onde caeu na primeira rolda fronte aos Toledo Storm por 3-0.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hamilton, Linda (June 2, 2005). "Grizzlies are looking to skate in East Coast Hockey League". Deseret Morning News (Salt Lake City, UT).