Saltar ao contido

Le Pavillon d'Armide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Le Pavillon d'Armide
FormaBallet clásico
LibretistaAlexandre Benois
Baseado enOmphale de Théophile Gautier
Estrea25 de novembro de 1907
Teatro da estreaTeatro Mariinskii
Lugar da estreaSan Petersburgo
CompañíaBallets Russes
Música
CompositorNikolai Tcherepnin
CoreógrafoMichel Fokine

Le Pavillon d'Armide é un ballet nun acto e tres escenas coreografado por Michel Fokine e con música de Nikolai Tcherepnin sobre un libreto de Alexandre Benois inspirado na novela de Théophile Gautier Omphale.[1]

Estrea en San Petersburgo

[editar | editar a fonte]

A obra foi presentada por primeira vez o 25 de novembro de 1907 no Teatro Mariinskii de San Petersburgo, con escenografía e vestiario de Alexandre Benois. Os bailaríns principais foron Anna Pavlova no papel de Armida, Vatslav Nizhinskii como o seu escravo, e Pavel Gerdt como Vicomte René de Beaugency.[2]

Estrea en París

[editar | editar a fonte]

O 19 de maio de 1909, o ballet foi presentado polos Ballets Russes de Sergei Diagilev no Théâtre du Châtelet de París. O papel de Armida foi bailado por Vera Karalli, o Vicomte de Beaugency por Mikhail Mordkin, e o escravo por Nizhinskii.[2][3] Le Pavillon d'Armide foi o primeiro ballet presentado na capital francesa por Diagilev, e o seu éxito debeuse en parte ao tema francés. A tempada 1909 tamén incluíu obras baseadas no folclore ruso que tamén conseguiu a aprobación do público.[4]

A parte de Armida foi tamén interpretada por Tamara Karsavina en 1912.

Unha versión do ballet foi creada en 2009 por John Neumeier e forma parte dun tríptico de obras que adicou á figura de Nizhinskii[5]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Le Pavillón d'Armide é unha homenaxe ao século XVIII francés. Durante unha treboada, o vizconde de Beaugency refuxiouse nun misterioso castelo. Pasa a noite nunha estancia na que é extrañamente atraído por un tapiz de Armida. Queda durmido e soña que está namorado dela, e cando pola mañá esperta e volve á realidade, descobre que sostén unha folla de Armida nas súas mans.

Estrutura

[editar | editar a fonte]

O ballet de Tcherepnin está formado polos seguintes números:[2]

  1. L'introduction et scène première
  2. Courantes. Danse des heures
  3. La scène d'animation du Gobelin
  4. La plainte d'Armide
  5. Scène: Grand pas d'action (adagio)
  6. Grande valse noble
  7. Variation - Allegro - Moderato tranquillo - Vivace - Grave. Maestoso e molto sostenuto
  8. Danse des gamins
  9. Danse des confidentes
  10. Bacchus et les bacchantes
  11. Danse des ombres
  12. Danse des bouffons
  13. Pas d'écharpe
  14. Pas de deux
  15. Grande valse finale

A variación que figura co número 7 non está incluído no Grand pas de Paquita.[2]

  1. Wikipedia (ed.). "Texto da novela Omphale" (en francés). Consultado o 19 de outubro de 2014. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 DanserenFrance (ed.). "Le Pavillon d'Armide" (en francés). Archived from the original on 21 de maio de 2012. Consultado o 19 de outubro de 2014. 
  3. Egizi, Eleonora. "I Balletti Russi di Djaghilev in Italia" (PDF) (en italiano). 
  4. Morrison, Simon. "The 'World of Art' and Music," in [Mir iskusstva]: Russia's Age of Elegance. (Omaha, Minneapolis, and Princeton: Palace Editions, 2005), p. 39.
  5. Hamburg Ballet (ed.). "John Neumeier" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2011. Consultado o 19 de outubro de 2014.