Laura Alarcón Rapu
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de marzo de 1977 (47 anos) Illa de Pascua, Chile |
Grupo étnico | Pobo rapanui |
Actividade | |
Lugar de traballo | Hanga Roa |
Ocupación | política |
Partido político | político independente |
Laura Tarita Alarcón Rapu é unha política rapanui, actual gobernadora da illa de Pascua dende marzo de 2018.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou antropoloxía e até 2018 formou parte do consello da rexión de Valparaíso para a provincia da illa de Pascua durante dous mandatos.[2] Firme defensora das tradicións, da cultura e da lingua rapanui, en 2018 foi nomeada polo presidente Sebastián Piñera como a nova gobernadora da illa, sendo sucesora de Melania Hotu. Traballou no proxecto "Te Hokinga Mai", que consiste na repatriación do patrimonio cultural que se atopa fóra da illa.[3][4][5]