Lassi
Aparencia
O Lassi é unha bebida tradicional da India feita a base de iogur. Bébese frío xa que posúe un gran poder refrescante. A bebida pode ser doce ou salgada; neste segundo caso, ás veces, condiméntase con comiño e pementa. Tamén existe o lassi que engade á súa composición froitas como o plátano, a manga ou a papaia.
Variedades
[editar | editar a fonte]Outra variedade é o lassi feito con bhang (Bhang lassi), un líquido derivado do cánnabis, cuxos efectos son semellantes aos da marihuana inxerida. Este tipo de lassi é legal na maior parte da India, adoitando consumirse durante festividades relixiosas.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: India |
- Gastronomía da India
- Ayran - Bebida semellante en Turquía