Laila Pakalniņa
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde xaneiro de 2016) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xuño de 1962 (62 anos) Liepāja, Letonia |
Educación | Instituto Gerasimov de Cinematografía |
Actividade | |
Ocupación | directora de cinema, guionista, realizadora |
Participou en | |
1996 | 1996 Cannes Film Festival (en) |
Premios | |
Pizzas 2012, The Mail 1996, The Dome 1992, Palma de Ouro 2009, Oso de Ouro 2006, European Film Award 2004 | |
Laila Pakalniņa, nada en Liepāja en 1962, é unha directora de cine letoa.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou na Universidade de Moscova, no Departamento de Televisón e Xornalismo. En 1991 gradúase no Instituto do Cinema de Moscova (VGIK) dentro do departamento de Dirección de Cine. Dirixiu e asinou o guión de 26 documentais, 6 curtametraxes e 5 películas de ficción. Cun total de 37 obras audiovisuais é unha cineasta aínda en activo. Está casada e ten dous fillos.
Pakalniņa sitúase entre os directores máis prolíficos de Letonia tralo guionizado e dirección das súas 37 películas. Caracterízaa o seu uso dunha mistificación do absurdo na comedia. Acadou o galardón do Oso de Ouro na Berlinale á mellor curtametraxe pola súa obra Udens. No seu filme documental Dream Land o equipo de produción explora mutacións animais que habitan os novos vertedoiros. O documental foi galardoado no European Film Awards.
Internacionalización
[editar | editar a fonte]No 2014, Laila Pakalniņa internacionaliza a súa traxectoria coa coprodución do seu filme de ficción “Dawn”. A rodaxe comprendeu dende agosto até setembro do 2014 e levouse a cabo en territorio letón e polaco. O equipo de produción compartía o carácter internacional (guión e dirección: Laila Pakalniņa; cámara: Wojciech Staron (Polonia); dirección artística: Jurģis Krāsons; elenco: Vilis Daudziņš, Antons Grauds, Andris Keišs e Liene Šmukste).
A Unión Soviética, que ocupou Letonia durante a xuventude de Pakalniņa, acadou o seu apoxeo ideolóxico entre o 1950–1970. A historia da película transcorre entre o o luscofusco e o amencer e o destino de Jānis, un estudante exemplar da Letonia soviética e do programa soviético de pioneiros, e o seu pai. En nome da moral e da ideoloxía o rapaz traizoa o seu pai, inimigo do pobo e do cooperativismo agrícola. Porén será o propio pai o que apunte ao fillo cun arma. O transfondo da historia atopa ecos na mitoloxía grega e nos himnos soviéticos.
Laila Pakalniņa, recollendo o uso de tempos de gravación moi rítmicos obtén unha atmosfera surrealista e de ton apocalíptico nesta obra de ficción. Rodada en branco e negro. Debido á época na que foi rodada as follas das árbores presentan unha cor dourada moi en contraposición cos colares vermellos e camisas brancas dos soviéticos. Jurģis Krāsons proveu ao filme con obxectos de uso cotiá de época, cartóns de leite e botas de goma, para estilizar o estilo soviético da época na película.
Filmografía
[editar | editar a fonte]Ficción
[editar | editar a fonte]- Dawn 2015
- Picas 2012
- Ķīlnieks 2006
- Pitons 2003
- Kurpe 1998
Curtametraxes
[editar | editar a fonte]- Klusums 2009
- Akmeņi 2008
- Uguns 2007
- Ūdens 2006
- Papa Gena 2002
- Annas Ziemassvētki 1992
Documentais
[editar | editar a fonte]- Zirdzin, hallo! 2017
- Ausma 2015
- Hey, Rasma! 2015
- A Dream of Snow 2014
- Četrdesmit divi 2013
- Sniegs 2012
- 33 zvēri Ziemassvētki vecītim 2011
- Pa Rubika ceļu 2010
- Par dzimtenīti 2008
- Teodors 2006
- Leiputrija 2004
- Autobuss 2004
- Būs labi 2004
- Mārtiņš 2002
- Papa Gena 2001
- Mostieties 2000
- Ozols 1997
- Ubāns 1995
- Pasts 1995
- Prāmis 1994
- Baznīca 1993
- Iešana 1991
- Veļa 1991
- Doms 1991
- Izvēle 1990
- Un 1988
Premios
[editar | editar a fonte]Premio | Ano |
---|---|
“The Dome”- premio no Video Festival Internacional de Bruxelas | 1992 |
“The Mail” – Vila do Conde International Short Film Festival, Portugal | 1996 |
European Film Awards por Dream Land | 2004 |
Oso Dourado á mellor curtametraxe por Udens | 2006 |
Palma Douro á mellor curtametraxe por Klusums | 2009 |
“Pizzas”- Premio especial do xurado no festival de Cinema de Roma | 2012 |
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- National Film Center of LatviaArquivado 11 de marzo de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)