La barraca
La barraca | |
---|---|
Autor/a | Vicente Blasco Ibáñez |
Orixe | España |
Lingua | lingua castelá |
Data de pub. | 1898 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
La barraca é unha novela do autor español Vicente Blasco Ibáñez publicada en 1898 incardinada no movemento literario denominado naturalismo.
Argumento
[editar | editar a fonte]O libro desenvólvese na Valencia rural de finais do século XIX, describindo con precisión as duras condicións de vida da poboación campesiña e agricultora. O tío Barret vese imposibilitado de seguir traballando a horta que cultivaran os seus antepasados durante xeracións ao non poder pagar o arrendamento ao propietario da terra, D. Salvador. Como consecuencia, todos os veciños da aldea, con Pepeta e Pimentó á cabeza se conxuran para impedir que ninguén volva traballar nesa parcela.
Ata que chega Batiste e a súa familia (a súa muller Teresa e os seus fillos Roseta, Batistet e Pasqualet) que, aguillados pola necesidade, instálanse na leira e acceden a pagar o arrendamento correspondente para poder cultivar o terreo. A partir dese momento veranse infatigablemente acosados polo resto da comunidade, que os acusaba de pregarse ás esixencias do terratenente prexudicando con iso os intereses do colectivo.
O fostigamento chega ao seu punto culminante cando os fillos pequenos da familia de Batiste teñen un enfrontamento con outros nenos da aldea, como consecuencia do cal o pequeno Pasqualet termina falecendo. Un sentimento de culpa e compaixón asolaga a comunidade.
Pero será temporal. Batiste enfróntase a Pimentó nunha trifulca tabernaria e poucos días despois ao ser Batiste disparado responde ferindo de morte ao seu agresor, o mesmo Pimentó. As represalias non se fan esperar: A barraca onde habitan Batiste e a súa familia é incendiada e eles vense na obriga de abandonar o pobo.