Saltar ao contido

Krigsseileren

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Krigsseileren
Ficha técnica
Título orixinalKrigsseileren
DirectorGunnar Vikene
ProdutorMaria Ekerhovd
GuiónGunnar Vikene
Intérpretes
FotografíaSturla Brandth Grøvlen
Montaxe
  • Peter Brandt
  • Anders Albjerg Kristiansen
Estudio
  • Falkun Films, Malta
  • Mer Film
  • Rohfilm Factory and Studio Hamburg
DistribuidoraScandinavian Film Distribution
Estrea2022
Duración150 minutos
OrixeNoruega Noruega
Alemaña Alemaña
Malta Malta
XéneroBélico
Orzamento11,1 millóns de dólares
Na rede
https://www.merfilm.no/ny-norsk-storfilm-om-krigsseilernes-skjebne/
IMDB: tt17633184 Allocine: 305634 Rottentomatoes: m/war_sailor Editar o valor en Wikidata

Krigsseileren é un filme noruegués de 2022 escrito e dirixido por Gunnar Vikene.[1][2] Foi escollido como candidato de Noruega para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[3] mais finalmente non foi nomeado.

O filme baséase nas historias reais dos 30.000 mariñeiros civís noruegueses que participaron nos convois aliados durante a segunda guerra mundial. Conta a historia de dous mellores amigos de Bergen, un casado e outro solteiro, que en 1939 se uniron á mariña mercante norueguesa e vense obrigados a permanecer no mar durante a guerra, sen ningunha capacidade para comunicarse coas súas familias na Noruega ocupada. Mentres tanto, a muller do mariñeiro casado e os seus tres fillos soportan unha dura vida na ocupada Bergen, que tamén é bombardeada polos aliados.

  1. "Gunnar Vikene's hit War Sailor selected as Norway's Oscar entry". Nordisk Film & TV Fond (en inglés). Consultado o 2022-12-11. 
  2. "'War Sailor': a Maltese co-produced epic film that lives up to the title". Times of Malta. Consultado o 2022-12-11. 
  3. ""Krigsseileren" will be Norway's Oscar candidate". Norway Posts English. 26 de setembro de 2022. Consultado o 26 de setembro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]