Gran Khan
Aparencia
(Redirección desde «Khagan»)
Gran khan ou Khagan ou khakan (en turco: kaɣan[1]; mongol: хаган; chinés:可汗; pinyin: kèhán) é un título equivalente ao de emperador nas linguas mongol e turca. O título lévao quen dirixe un khaganato (imperio, máis grande que un khanat). Khagan tamén se pode traducir por "Khan dos Khans", é dicir, rei dos reis. A súa orixe atoparíase nos juanjuan. En Europa chegou cos ávaros no século VI (latín kaganus)