Kevin Clancy
Biografía | |
---|---|
31º Presidente da Sociedade Numismática Británica | |
2017 – ← Roger Bland | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Británica |
Educación | Universidade de Leeds. |
Tese académica | 'The recoinage and exchange of 1816-17 (1999). |
Director de tese | Graham Dyer e Christopher Challis. |
Q89547790 | Expresidente da BNS. Director do Museo da Royal Mint. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática. |
Ocupación | investigador, numismático, conservador |
Premios | |
2022: Premio Blunt, da BNS. |
Kevin Clancy é un numismático británico, cunha traxectoria profesional vinculada á Royal Mint, a ceca real británica.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Kevin Clancy graduouse en Historia na Universidade de Leeds, onde en 1999 acadou o seu doutoramento cunha tese sobre as recuñaxes británicas de 1816-1817,[1][2] dirixida polos profesores Graham Dyer e Christopher Challis.[3]
Clancy incorporouse en 1992 á Royal Mint, onde ocupa o posto de director do seu museo numismático. En tal condición destaca, entre outras, a súa contribución para a creación da exposición permanente sobre a historia da Royal Mint na Torre de Londres.[4]
Clancy foi nomeado en 2003 secretario do Comité Asesor sobre o Deseño de Moedas, Medallas, Selos e Condecoracións da Royal Mint, que asesora o Goberno británico e a Coroa sobre os deseños de moedas e obxectos similares.[4][5]
Kevin Clancy é membro da British Numismatic Society desde 1993,[1] e en 2016 foi elixido presidente desta entidade,[4] cargo que ocupou ata novembro de 2021, cando foi substituído por Elina Screen.[6][7][8]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Publicacións
[editar | editar a fonte]Estas son as principais monografías publicadas por Kevin Clancy ao longo da súa traxectoria:
- (1999). The recoinage and exchange of 1816-17. University of Leeds.
- (2008). Designing change: The art of coin design. The Royal Mint. ISBN 978-1-869917067
- (2015). A history of the sovereign: chief coin of the world. (2015). Royal Mint Museum. ISBN 978-1-869917005
- (2016). The Royal Mint: An Illustrated History. Royal Mint Museum. ISBN 978-1869917012
- (2018). Objects of war: currency in a time of conflict. Spink Books. ISBN 978-1907427909
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Presentation of the Council Prize to Dr Kevin Clancy, 28 may 2002". British Numismatic Society.
- ↑ Véxase (1999) en "Publicacións".
- ↑ "The recoinage and exchange of 1816-17". White Rose eTheses Online (etheses.whiterose.ac.uk).
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Dr Kevin Clancy, Museum Director". The Royal Mint Museum.
- ↑ "Royal Mint Advisory Committee". The Royal Mint Museum.
- ↑ "Presidents of the Society". British Numismatic Society.
- ↑ "New President for British Numismatic Society". Allaboutcoins.co.uk
- ↑ "Dr Elina Screen new president of the British Numismatic Society". En Coins Weekly. 19 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Blunt Prize". British Numismatic Society.