Saltar ao contido

Kepler-90h

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.



Kepler-90h
Planeta extrasolar Lista de planetas extrasolares

O sistema multiplanetario de Kepler-90 en comparación co noso Sistema Solar interior. (14-12-2017).
Estrela nai
Estrela Kepler-90
Constelación Draco
Ascensión recta (α) 18h 57m 44.04s
Declinación (δ) +49° 18′ 18.6″
Magnitude aparente (mV) 13.89[1]
Distancia2545 al
(780 pc)
Tipo espectral G0V
Masa (m) 1.2 (± 0.1)[2] M
Raio (r) 1.2 (± 0.1)[2] R
Temperatura (T) 6.080 K (+260/-170)[2] K
Metalicidade [Fe/H] −0.12 (± 0.18)[2]
Idade ~2 Ga
Características físicas
Masa(m)≤1.2[2] MJ
Raio(r)1.01 (± 0.09)[2] RJ
Temperatura (T) 292 K (19 °C; 66 °F)[3] K
Elementos orbitais
Eixo semimaior(a) 1.01 ± 0.11[1] UA
Excentricidade (e) 0.0 ≤ 0.001[1]
Período orbital(P) 331.60 ± 0.00037[1] a
Inclinación (i) 89.6 ± 1.3[3]°
Información do descubrimento
Data do descubrimento 12-11-2013[1]
Descubridor(es) Telescopio Kepler
Método do descubrimento Tránsito[3]
Status do descubrimento Publicado
Outras designacións
KOI-351.01,[4] KOI-351 h, K00351.01, WISE J185744.03+491818.5 h, KIC 11442793 h, 2MASS J18574403+4918185 h
Referencias nas
bases de datos
Enciclopedia
Planetas Extrasolares
datos
SIMBADdatos

Kepler-90h (tamén coñecido pola súa designación de obxecto de interese Kepler KOI-351.01) é un exoplaneta que orbita ó redor da estrela na secuencia principal tipo-G, Kepler-90, e está situado dentro da zona de habitabilidade da súa estrela. É o planeta máis externo dos oito planetas que se coñecen do sistema planetario de Kepler-90, todos eles descubertos polo telescopio Kepler. Está situado a preto de 2.545 anos luz (780 parsecs), ou case 2,4078 × 1016 km) da Terra, na constelación de Draco. Este exoplaneta é o oitavo no sistema multiplanetario da estrela. A partir de decembro de 2017, Kepler-90 é a estrela que alberga máis exoplanetas coñecidos. Atopouse a Kepler-90h co método de tránsito, no que se mide o efecto atenuante que provoca un planeta mentres cruza por diante da súa estrela.

Características

[editar | editar a fonte]

Masa, raio e temperatura

[editar | editar a fonte]

Kepler-90h é un exoplaneta do tipo xigante gasoso cunha masa de case 1,2 veces á masa de Xúpiter e un raio case igual. Ten unha temperatura de 292 K (19 °C; 66 °F), semellante á temperatura media da Terra. En termos de masa e raio é un planeta moi semellante a Xúpiter.

Estrela nai

[editar | editar a fonte]

O planeta orbita unha estrela (tipo-G) chamada Kepler-90. A estrela ten unha masa de 1,2 masas solares e un raio de 1,2 raios solares. Ten unha temperatura superficial de 6.080 K e ten unha idade estimada do arredor de 2.000 millóns de anos, cunha considerable incerteza. En comparación, o Sol ten uns 4.600 millóns de anos[5] e ten unha temperatura superficial de 5.778 K.[6]

A magnitude aparente da estrela, ou o brillante que aparece dende a perspectiva da Terra, é de 14. É moi feble para ser vista a simple vista.

Características orbitais

[editar | editar a fonte]

Kepler-90h orbita a súa estrela nai cada 331,6 días, a unha distancia de 1,01 UAs, moi semellante á distancia orbital entre a Terra é o Sol (a cal é de 1 UA).

Habitabilidade

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Habitabilidade planetaria.

Kepler-90h reside na zona habitable da súa estrela nai. O exoplaneta, cun radio de 1,01 Rx, é demasiado grande para ser rochoso, e por iso o planeta en si non pode ser habitable. Hipoteticamente, as lúas suficientemente grandes, con suficiente atmosfera e presión, poden ser capaces de ter auga líquida e potencialmente ter vida. Non obstante, tales lúas non se forman en torno ós planetas, probablemente terían que ser capturadas de lonxe; por exemplo, un protoplaneta que está "fuxindo". Un planeta de tamaño semellante ó de Xúpiter probablemente formaría lúas de tamaños semellantes ás Lúas de Galileo ou á lúa Titán de Saturno. Non obstante, sabemos que incluso as lúas deste tamaño poden conter atmosferas e ter campos magnéticos, xa que Titán ten unha atmosfera máis espesa cá da Terra e ten masas estables de líquidos na súa superficie. Unha lúa de tamaño similar, a lúa Ganímedes de Xúpiter, ten o seu propio campo magnético.

Para unha órbita estable, a relación entre o período orbital dunha Lúa Ps ó redor do seu primario e do primario en torno á súa estrela Pp debe ser < 1/9, por exemplo, se a un planeta lle leva 90 días facer unha órbita ó redor da súa estrela, a órbita máxima estable dunha lúa dese planeta ten que ser de 10 días ou inferior.[7][8] As simulacións suxiren que unha lúa cun período orbital de menos de 45 a 60 días permanecerá con toda seguridade unida a un planeta xigante masivo ou anana marrón que orbite a 1 UA dende unha estrela parecida ó Sol.[9] No caso de Kepler-90h, isto sería practicamente o mesmo ter unha órbita estable.

Os efectos das marea gravitatorias tamén pódenlle permitir á lúa ter procesos de tectónica de placas, o que faría que a actividade volcánica regulase a temperatura da lúa[10][11] e tamén permitiríalle crear un efecto xeodinámico que daría ó satélite un campo magnético forte.[12] Para soportar unha atmosfera terrestre de aproximadamente 4.600 millóns de anos (a idade da Terra), a hipotética lúa tería que ter unha densidade semellante a de Marte e polo menos unha masa de 0,07 M.[13] Unha forma de diminui-las perdas causadas pola pulverización catódica é que a lúa tivese un campo magnético forte que puidese desvía-lo vento estelar e os cintos de radiación. As medicións da sonda Galileo da NASA suxiren cás grandes lúas poden ter campos magnéticos; atopou que a lúa Ganímedes de Xúpiter ten a súa propia magnetosfera, aínda que a súa masa é tan só 0,025 M.[9]

Descubrimento

[editar | editar a fonte]

No 2009, o telescopio espacial Kepler estaba acabando de observar estrelas no seu fotómetro, o instrumento que utiliza para detectar eventos de tránsito, nos que un planeta pasa por diante da súa estrela nai e fai que o brillo desta diminúa durante un período de tempo breve e relativamente regular. No seu último test, o telescopio Kepler xa levaba observadas unhas 50.000 estrelas no seu catálogo de entradas, incluíndo a Kepler-90; as curvas de luz preliminares foron enviadas ó equipo científico do "Kepler" para a súa análise, que elixiu ás que tiñan obvios compañeiros planetarios para o seu seguimento nos observatorios. As observacións de estrelas con posibles planetas extrasolares tiveron lugar entre o 13 de maio do 2009 e o 17 de marzo do 2012. Despois de observa-los tránsitos respectivos, que para Kepler-90h ocorreron aproximadamente cada 331 días (o seu período orbital), finalmente concluíuse que era un corpo planetario o responsable dos tránsitos periódicos de 331 días. O descubrimento, anunciouse o 12 de novembro de 2013.[4]

O sistema multiplanetario de Kepler-90 en comparación co noso Sistema Solar.

Referencias

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Staff (31-12-2013). "TEPcat: Kepler-90h". Keele Astrophysics Group. Consultado o 23-08-2018. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "Kepler-90 h". NASA Exoplanet Archive. Consultado o 15-07-2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 exoplanet.eu (ed.). "Planet Kepler-90 h". Arquivado dende o orixinal o 05-08-2019. Consultado o 03-06-2014. 
  4. 4,0 4,1 Schmitt, Joseph R.; Wang, Ji; Fischer, Debra A.; Jek, Kian J.; Moriarty, John C.; Boyajian, Tabetha S.; Schwamb, Megan E.; Lintott, Chris; Smith, Arfon M.; Parrish, Michael; Schawinski, Kevin; Lynn, Stuart; Simpson, Robert; Omohundro, Mark; Winarski, Troy; Goodman, Samuel J.; Jebson, Tony; Lacourse, Daryll (2013). "Planet The First Kepler Eight Planet Candidate System from the Kepler Archival Data", Astrophysical Journal, p. 23.
  5. Cain, Fraser (16-12-2008). "How Old is the Sun?". Universe Today. Consultado o 19-02-2011. 
  6. Cain, Fraser (15-09-2008). "Temperature of the Sun". Universe Today. Consultado o 19-02-2011. 
  7. Kipping, David (2009). "Transit timing effects due to an exomoon". Monthly Notices of the Royal Astronomical Society 392: 181–189. Bibcode:2009MNRAS.392..181K. arXiv:0810.2243. doi:10.1111/j.1365-2966.2008.13999.x. 
  8. Heller, R. (2012). "Exomoon habitability constrained by energy flux and orbital stability". Astronomy & Astrophysics 545: L8. Bibcode:2012A&A...545L...8H. ISSN 0004-6361. arXiv:1209.0050. doi:10.1051/0004-6361/201220003. 
  9. 9,0 9,1 Andrew J. LePage. SkyandTelescope.com, ed. "Habitable Moons:What does it take for a moon — or any world — to support life?". Arquivado dende o orixinal o 06-04-2012. Consultado o 11-07-2011. 
  10. Glatzmaier, Gary A. "How Volcanoes Work – Volcano Climate Effects". Arquivado dende o orixinal o 23-04-2011. Consultado o 29-02-2012. 
  11. NASA (ed.). "Solar System Exploration: Io". Solar System Exploration. Arquivado dende o orixinal o 01-05-2020. Consultado o 29-02-2012. 
  12. Nave, R. "Magnetic Field of the Earth". Consultado o 29-02-2012. 
  13. Pennsylvania State University (ed.). "In Search Of Habitable Moons". Consultado o 11-07-2011. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]