Saltar ao contido

Kalimantan Central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKalimantan Central
Imaxe

Lema«Isen Mulang» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 2°13′S 113°55′L / -2.22, 113.92
EstadoIndonesia Editar o valor en Wikidata
CapitalPalangkaraya Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.669.969 (2020) Editar o valor en Wikidata (17,39 hab./km²)
Lingua usadaDusun Witu (en) Traducir
Ma'anyan (en) Traducir
Dusun Witu (en) Traducir
Bakumpai (en) Traducir
Deyah (en) Traducir
Siang (en) Traducir
Bamayo (en) Traducir
Língua ngaju (pt) Traducir
Paku (en) Traducir
Tunjung (en) Traducir
Ot Danum (en) Traducir
Dusun Malang (en) Traducir
Lawangan (en) Traducir
Keninjal (en) Traducir
Kohin (en) Traducir
Krio Dayak (en) Traducir
Aoheng
Lingua banjar
Tawoyan (en) Traducir
Kayan Busang (en) Traducir
lingua malaia Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie153.564,5 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar de Xava e Mar de Xava Editar o valor en Wikidata
Altitude42 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1957 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Governor of Central Kalimantan (en) Traducir Editar o valor en WikidataSugianto Sabran (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal73111 - 74874 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
ISO 3166-2ID-KT Editar o valor en Wikidata

Sitio webkalteng.go.id Editar o valor en Wikidata
Facebook: MMCKalteng Twitter: kominfo_kalteng Instagram: diskominfokalteng Editar o valor en Wikidata

Kaimantan Central (en indonesio Kalimantan Tengah), é unha das provincias de Indonesia, unha das cinco provincias de Kalimantan, a parte indonesia de Borneo.

A súa capital é Palangka Raya e, en 2010, a súa poboación superaba os 2,2 millóns de habitantes,[1] mentres que no 2015 o censo intermedio mostrou un aumento até os 2,49 millóns e, segundo o censo de 2020 a súa poboación era de 2,67 millóns.[2]

A taxa de crecemento da poboación foi de case o 3,0 % anual entre 1990 e 2000, unha das taxas de crecemento provinciais máis altas de Indonesia durante ese tempo; na década posterior a 2010 a taxa media de crecemento anual diminuíu notabelmente ao redor do 1,8 %, pero volveu subir a nos comezos da década de 2010. Máis do que sucede noutras provincias da rexión, Kalimantan Central está poboada polos dayaks, os indíxenas habitantes de Borneo.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Kalimantan Central é a terceira provincia indonesia de superficie máis, cos seus 153 564,5 km2 de extensión, aproximadamente 1,5 veces o tamaño da illa de Xava. Limita coas provincias de Kalimantan Occidental e Kalimantan Oriental ao norte, co mar de Xava ao sur, coas provincias de Kalimantan Meridional e Kalimantan Oriental ao leste, e coa provincia de Kalimantan Occidental ao oeste.

As montañas Schwaner esténdense desde o nordeste da provincia até o suroeste, o 80 % das cales están cubertas de bosque denso, pantanos de turbeiras, mangleirais, ríos e terras de agricultura tradicional. As zonas de montaña do nordeste son remotas e non son de fácil acceso. Os montes non volcánicos están espallados nesta zona, incluíndo Kengkabang, Samiajang, Liang Pahang e Ulu Gedang.

O centro da provincia está cuberto de bosques tropicais, que producen vimbios, resina e madeira valiosa. As terras baixas do sur están dominadas por pantanos de turbeiras que se cruzan con moitos ríos. O parque nacional de Sabangau é unha zona de turbeiras protexida recoñecida internacionalmente como santuario do orangután, animal en perigo de extinción. Recentemente os bosques dos pantanos de turba foron danados polo Proxecto Mega Rice, que intentou, sen éxito, converter grandes áreas en arrozais.

O clima da provincia é ecuatorial húmido, cunha estación de chuvias de oito meses e 4 meses de estación seca. As precipitacións son de 2 776 a 3 393 mm ao ano, cunha media de 145 días de chuvia anuais.

Desde o século XVIII o actal territorio da rexión, e os seus habitantes dayak, estaban gobernados polo sultanato musulmán de Banjar. Logo da independencia de Indonesia, despois da Segunda guerra mundial, as tribos dayak exixiron unha provincia separada da daquela provincia de Kalimantan Meridional.[3]

En 1957 dividiuse o Kalimantan Meridional para darlle á poboación dayak unha maior autonomía respecto á poboación musulmá da provincia. O cambio foi aprobado polo goberno indonesio o 23 de maio de 1957, segundo a lei presidencial nº 10 do ano 1957, que declarou a Kalimantan Central a décimo sétima provincia de Indonesia. O presidente Sukarno nomeou o heroe nacional dayak como primeiro gobernador de Palangkaraya, a capital da provincia.[4]

  1. Biro Pusat Statistik, Iacarta, 2011.
  2. Badan Pusat Statistik, Iacarta, 2021.
  3. Profile Central Kalimantan Province. Central Kalimantan Province Tourism and Culture Board. Setembro de 2001. 
  4. Riwut, Nila; et al. (2003). Maneser Panatau Tatu Huang. Palangkaraya: Pusaka Lima. ISBN 979-97999-1-0. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]