Kōdai Asaka
(2016) | |
Nome orixinal | (ja) 浅香 航大 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 24 de agosto de 1992 (32 anos) Prefectura de Kanagawa, Xapón |
Altura | 181 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor |
Páxina web | ateam-japan.com… |
Kōdai Asaka (en xaponés: 浅香 航大), nado na prefectura de Kanagawa o 24 de agosto de 1992, é un actor xaponés.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Ata 2008 pertenceu á axencia de talentos Johnny & Associates pero nese ano fichou pola A-Light para principiar unha carreira como actor pero foi a partir da súa entrada na axencia A-team cando logrou afianzarse, ao ano seguinte actuou por primeira volta nunha serie de televisión, foi en 2011 encarnando a Subaru Takatsuki en Hanazakari no Kimitachi e de Fuji TV, un remake dunha serie de igual título emitida en 2008 baseada no manga homónimo. En 2014 interpretou a Eiichirō Kamoi na serie matinal (asadora) da NHK Massan[1]. Entre as súas actuacións máis coñecidas están a súa participación no filme Noushou sakuretsu garu (2015) de Yuiche Abe, a súa interpretación de Kei Mashido na serie Miyamoto kara Kimi e (2018) e a encarnación de Ichii, un dos protagonistas da serie Dolmen X (2018)[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "マッサン・鴨居英一郎(欣次郎長男、浅香航大)が登場" Arquivado 28 de agosto de 2019 en Wayback Machine. localtv.com
- ↑ "Kōdai Asaka" en IMDb