Justin Trudeau
Justin Pierre James Trudeau, nado en Ottawa o 25 de decembro de 1971, é un político canadense, Primeiro ministro do Canadá desde o 4 de novembro de 2015, que foi o líder do Partido Liberal do Canadá entre abril de 2013 e xaneiro de 2025. O 6 de xaneiro declarou publicamente que tamén deixará o cargo de Primeiro ministro após nomeamento dun novo líder do seu partido.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Orixes familiares e formación
[editar | editar a fonte]Trudeau é o fillo máis vello de Pierre Trudeau, antigo primeiro ministro, e de Margaret Trudeau. Estudou bacharelato de artes, especialidade literatura na Universidade McGill e bacharelato de educación na Universidade da Columbia Británica.
Carreira profesional e política
[editar | editar a fonte]Traballou como profesor de francés na West Point Grey Academy e na escola secundaria Sir Winston Churchill en Vancouver.[2] En 2008 entrou na Cámara dos Comúns pola circunscrición de Papineau, e reelixido en 2011. Converteuse en xefe do seu partido o 14 de abril de 2013 e en Primeiro ministro en 2015, substituíndo a Stephen Harper.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Trudeau to resign as prime minister after nine years, blames party infighting". Reuters (en inglés). Consultado o 6 de xaneiro de 2025.
- ↑ Raj, Althia (5 de marzo de 2013). "Contender: The Justin Trudeau Story". Huffington Post.
Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
- Nados en 1971
- Alumnos da Universidade da Columbia Británica
- Nados en Otava
- Deputados na Cámara dos Comúns do Canadá
- Profesores
- Canadenses de ascendencia inglesa
- Canadenses de ascendencia irlandesa
- Canadenses de ascendencia neerlandesa
- Canadenses de ascendencia francesa
- Canadenses de ascendencia indonesia
- Canadenses de ascendencia malaia
- Canadenses de ascendencia portuguesa