José María López Noceda
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de xullo de 1931 ![]() San Xusto de Cabarcos, España ![]() |
Morte | 10 de febreiro de 2013 ![]() Burela, España ![]() |
![]() | |
1979 – 1989 (dimisión) – Fe Rodríguez Rocha → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Partido político | Partido Popular ![]() |
Membro de |
José María López Noceda, nado en San Xusto de Cabarcos (Barreiros) o 25 de xullo de 1931 e finado en Burela o 10 de febreiro de 2013,[1] foi un político galego do PPdeG.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor Mercantil e xestor administrativo. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse á alcaldía de Lourenzá encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións xa por AP sempre con maioría absoluta. Nas eleccións de 1989 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia polo PPdeG e renunciou como alcalde por incompatibilidade pasando a primeiro tenente de alcalde. Volveu ser elixido deputado do Parlamento galego en 1993. Foi presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense dende a súa fundación. Foi membro fundador da FEGAMP e do Consello Federal.
Predecesor: - |
![]() Alcalde de Lourenzá 1979 - 1989 |
Sucesor: Fe Rodríguez Rocha |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 12-2-2013, p. 50.