José Antonio Hermida
(2012) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) José Antonio Hermida Ramos 24 de agosto de 1978 (46 anos) Puigcerdà, España |
Altura | 172 cm |
Actividade | |
Ocupación | ciclista |
Deporte | Ciclismo de montaña Ciclocross |
Participou en | |
2016 | ciclismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 (pt) |
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 |
2012 | Q51077346 (5º) |
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 |
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 |
2000 | Xogos Olímpicos de 2000 |
Premios | |
José Antonio Hermida Ramos, nado en Puigcerdà o 24 de agosto de 1978, é un ciclista de montaña galego-catalán, especialista en campo a través. Proclamouse campión do mundo no ano 2010, campión de Europa en 2002, 2004 e 2007, e participou en cinco Xogos Olímpicos (Sydney 2000, Atenas 2004, Pequín 2008, Londres 2012 e Río 2016), logrando unha medalla de prata en Atenas.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu no concello catalán de Puigcerdà, sendo fillo de dous emigrantes galegos, a nai de Tioira, Maceda, e o pai de Baños de Molgas.[2] Na súa infancia pasou tempadas na aldea de Meamán, onde andaba en bicicleta polas corredoiras e montes do lugar.[3] En 1996 foi campión do mundo júnior de ciclismo de montaña,[4] e no ano 2000 campión do mundo sub-23.[5]
Participou nos Xogos Olímpicos de 2000 en Sydney, rematando ás portas das medallas, ao acabar a proba de campo a través na cuarta posición.[6] Ao ano seguinte conseguiu a prata na Copa do Mundo de Ciclismo de Montaña, mesmo resultado que repetiu en 2005, 2007 e 2009. Ademais foi campión de Europa nos anos 2002, 2004 e 2007.
Nos Xogos Olímpicos de Atenas conseguiu a medalla de prata por detrás do francés Julien Absalon e por diante do neerlandés Bart Brentjens.[7][8] Foi campión de España de ciclocrós en 2007 e 2008,[9] mentres que na seguinte cita olímpica, Pequín 2008, só puido ser décimo.[10] Dous anos despois proclamouse campión do mundo de campo a través, ao impoñerse na proba celebrada no Quebec ao checo Jaroslav Kulhavý e ao surafricano Burry Stander.[11]
Volveu quedar preto das medallas nos Xogos Olímpicos de 2012 en Londres, rematando cuarto, a só catro segundos do bronce do italiano Marco Aurelio Fontana.[12] En 2016 participou nos seus quintos Xogos, os de Río de Xaneiro, onde só puido ser 16º,[13] e pouco despois anunciou a súa retirada da alta competición.[14]
Ten contribuído ao impulso do ciclismo de montaña na provincia de Ourense, colaborando en diversos proxectos, como a escola de ciclismo de Maceda que leva o seu nome.[15][16]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El català José Antonio Hermida, campió del món de BTT" Arquivado 10 de febreiro de 2015 en Wayback Machine., artigo en El Periódico de Catalunya, 5 de setembro de 2010 (en catalán).
- ↑ Castro, Xosé Ramón (6 de agosto de 2004). "José Antonio Hermida: «A miña meta é mellorar o cuarto posto de Sidnei»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ Castro, Xosé Ramón (28 de agosto de 2004). "¿Josep... o Pepiño?". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ "José Antonio Hermida, campeón mundial júnior de mountain bike". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de setembro de 1996. p. 55.
- ↑ "José Antonio Hermida, un ourensano campeón mundial de mountain bike". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de decembro de 1999. p. 56.
- ↑ "Ciclismo de campo a través nos Xogos Olímpicos de 2000". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ "Ciclismo de campo a través nos Xogos Olímpicos de 2004". sports-reference.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2020. Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ "José Antonio Hermida gana la medalla de plata". As (en castelán). 28 de agosto de 2004. Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ "Palmarés do Campionato de España de ciclocrós" (PDF) (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ Pascual, Luis Miguel (24 de agosto de 2008). "Hermida guarda sus pistolas tras acabar décimo". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ "José Antonio Hermida Campeón del Mundo" (en castelán). 6 de setembro de 2010. Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ "Hermida se quedó a 4 segundos del bronce". Marca (en castelán). 12 de agosto de 2012. Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ "Campo a través nos Xogos Olímpicos de 2016". olympics.com (en inglés). Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ "José Antonio Hermida anuncia su retirada de la alta competición" (en castelán). 7 de outubro de 2016. Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ Bega, Iván (11 de marzo de 2018). "El éxito de la Escola de Ciclismo de Maceda" (en castelán). Consultado o 19 de setembro de 2021.
- ↑ "Escola Hermida". hermidabike.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 19 de setembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Antonio Hermida |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial
- Datos do ciclista no sitio web oficial do Comité Olímpico Internacional (en inglés).
- Datos do ciclista en olympedia.org (en inglés).
- Ciclistas olímpicos de Galicia
- Nados en 1978
- Nados en Puigcerdà
- Medalla de Ouro da Real Orde do Mérito Deportivo
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2000
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2008
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012
- Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2016
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 2004
- Medallistas olímpicos en ciclismo
- Medallistas olímpicos de prata por España