César Carballeira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 10 de febreiro de 1996 (28 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | xogador de hóckey a patíns |
Deporte | hóckey a patíns |
César Carballeira Domínguez, nado na Coruña o 10 de febreiro de 1996 é un xogador galego de hóckey a patíns, que xoga na posición de defensa no Deportivo Liceo, da OK Liga, co que gañou sete títulos. Internacional coa selección española, conquistou con esta o Campionato do Mundo de 2024 e os Campionatos de Europa de 2021 e 2023.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xogou nas categorías inferiores do HC Liceo da Coruña dende os tres anos.[1] Debutou co primeiro equipo do Liceo en outubro de 2012, aos 16 anos de idade, nun partido da OK Liga fronte ao PAS Alcoi.[2][3] Xogou varias tempadas co primeiro equipo, gañando unha liga, unha Supercopa, unha Copa Continental e unha Intercontinental.
En 2018, despois de 18 anos no club liceísta, fichou polo Reus Deportiu.[4] Estivo dúas tempadas no club catalán, fracturando na segunda delas a tibia e o peroné, motivo polo que estivo case tres meses de baixa.[5][6]
En maio de 2020 volveu ao HC Liceo.[7] Marcou 14 goles na liga 2020/21, na que o seu equipo acabou subcampión, e fixo tamén tres goles na Copa do Rei, un deles na final contra o FC Barcelona en Riazor, contribuíndo así de xeito importante a que o Liceo conquistase o título copeiro 17 anos despois.[8]
En xuño de 2022 proclamouse de novo campión de liga, despois de rematar segundo na fase regular e vencer na final ao Reus de forma contundente, en só 3 partidos.[9] Tras disputar unha nova final da Copa do Rei en 2023 en Calafell, caendo ante o Barcelona, o Liceo atravesou unha tempada de transición na 2023/24, na que non conseguiu clasificarse para a Copa do Rei e só puido ser terceiro en liga. Con todo, Carballeira culminou un dos seus mellores anos a nivel individual, liderando o equipo xunto a Dava Torres, e superou a súa marca goleadora (28 goles na liga regular e cinco nos play-offs). Foi elixido no cinco inicial da OK Liga, canda a Sergi Fernández, João Rodrigues, Pau Bargalló e Jordi Bargalló.[10]
Selección española
[editar | editar a fonte]Xogou en varias categorías inferiores da selección española e liderou en 2018 á selección sub-23 na súa conquista da Copa Latina en Francia.[11] En 2019 debutou coa selección absoluta, coa que participou na 68ª Copa das Nacións. Debutou na derrota por 3-4 fronte á selección de Angola.[12] No 2021 disputou o Campionato de Europa en Paredes, marcando na final contra Francia o gol do empate que forzou a prórroga, na que España acabou proclamándose campioa.[13] Dous anos despois participou no seu segundo Europeo e tivo un destacado papel, proclamándose de novo campión continental tras vencer na final a Portugal.[14]
En 2024 foi convocado por Guillem Cabestany para a disputa do Campionato do Mundo en Novara. Titular en todos os partidos, estreouse como goleador mundialista na ampla vitoria sobre Chile da segunda xornada (12-0), anotando dous tantos, e marcou tamén no seguinte partido ante Italia.[15][16] Tras eliminar a Suíza en cuartos de final e a Portugal nas semifinais, saíu tamén no cinco inicial na final ante a vixente campioa, a Arxentina, e aos 30 segundos de comezar o partido, marcou o primeiro gol para o combinado español, contribuíndo ao triunfo final por 2-1.[17]
Palmarés
[editar | editar a fonte]HC Liceo
[editar | editar a fonte]- OK Liga (2): 2012-13, 2021-22.
- Copa do Rei (1): 2021.
- Supercopa de España (2): 2016-17, 2021-22.
- Copa Continental (1): 2011-12.
- Copa Intercontinental (1): 2012.
Reus Deportiu
[editar | editar a fonte]- Supercopa de España (1): 2019-20.
Selección española
[editar | editar a fonte]- Campionato do Mundo (1): 2024.
- Campionato de Europa (2): 2021, 2023.
- Copa Latina (1): 2018.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Antelo, Iván (2 de decembro de 2015). "El estirón de César Carballeira". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "“No esperaba debutar pero me gustó mucho jugar esos cuatro minutos”" (en castelán). 13 de outubro de 2012. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2022. Consultado o 14 de novembro de 2022.
- ↑ Varela, María (18 de outubro de 2012). "Las dos caras de la moneda". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ Gómez Cundíns, Pablo (4 de xullo de 2018). "César Carballeira deja el Liceo y ficha por el Reus". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ Varela, María (12 de setembro de 2019). "César Carballeira se fractura la tibia y el peroné y tendrá que operarse". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "La recuperación en tiempo récord del jugador del Reus Miró César Carballeira" (en castelán). 13 de decembro de 2019. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ Iglesias, Ana (11 de maio de 2020). "César Carballeira, nuevo jugador del Liceo: «La decisión de la federación no ha beneficiado a nadie»" (en castelán). Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "O Liceo gaña a décima Copa do Rei". 13 de xuño de 2021. Consultado o 18 de xuño de 2021.
- ↑ "¡El Deportivo Liceo, nuevo campeón de la Parlem OK Liga!" (en castelán). 17 de xuño de 2022. Consultado o 10 d xullo de 2024.
- ↑ Varela, María (9 de xullo de 2024). "César Carballeira, en el cinco ideal de la temporada". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 10 de xullo de 2024.
- ↑ "España gana la Copa Latina con una gran actuación de los coruñeses César Carballeira e Ignacio Alabart" (en castelán). 2 de abril de 2018. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "3-4: Ángola derrota a España en la Copa de Naciones". Mundo Deportivo (en castelán). 17 de abril de 2019. Consultado o 13 de outubro de 2020.
- ↑ "España supera a Francia en la prórroga y revalida el título". DxT Campeón (en castelán). 20 de novembro de 2021. Consultado o 22 de novembro de 2021.
- ↑ "España, con el gallego César Carballeira, campeona de Europa de hockey sobre patines por tercera edición consecutiva (4-2)". La Voz de Galicia (en castelán). 23 de xullo de 2023. Consultado o 23 de setembro de 2024.
- ↑ "0-12: España se luce y acribilla a Chile en el Mundial masculino". Mundo Deportivo (en castelán). 17 de setembro de 2024. Consultado o 23 de setembro de 2024.
- ↑ "3-4: España vence a Italia y entra en cuartos del Mundial como primera de grupo". Mundo Deportivo (en castelán). 9 de setembro de 2024. Consultado o 23 de setembro de 2024.
- ↑ Varela, María (22 de setembro de 2024). "Carballeira y Alabart se proclaman campeones del mundo con España y completan el triplete coruñés en Novara". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 23 de setembro de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey a patíns |