John le Carré
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde febreiro de 2020.) |
David John Moore Cornwell, nado en Poole, Dorset, Reino Unido, o 19 de outubro de 1931[1] e finado en Truro o 12 de decembro de 2020,[2] foi un novelista británico, máis coñecido co sobrenome de John le Carré.
Durante as décadas de 1950 e 1960, traballou no Servizo de Seguridade (MI5) e no Servizo Secreto de Intelixencia (MI6). A súa terceira novela, The Spy Who Came in from the Cold (1963), converteuse nun best-seller internacional e abandonou os traballos anteriores parta se converter en escritor a tempo completo. Especializouse no xénero de relatos de suspense e espionaxe, ambientados na época da Guerra fría e outros escritores como Frederick Forsyth o consideran o mestre das novelas de espías.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Tivo unha infancia difícil pois foi abandonado pola súa nai cando tiña 5 anos e seu pai era un estafador profesional.[1][3]
Estudou linguas na Universidade de Berna e no Lincol College da Universidade de Oxford, e foi profesor na Universidade de Eton entre 1956 e 1958 e ingresou no corpo diplomático como segundo secretaro na embaixada de Bonn entre 1960 e 1964. A súa carreira diplomática rematou en 1964 cando o seu nome apareceu na lista que Kim Philby ofreceu aos soviéticos e na que delataba a axentes británicos.[1]
O final da Guerra fría levouno a modernizar os seus temas e introducir aqueles elementos que conforman a complexa realidade internacional da nosa época: terrorismo islámico, problemática causada polo desmembramento da Unión Soviética, política dos Estados Unidos en Panamá, manexos das industrias farmacéuticas... Os seus personaxes, entre os que o máis coñecido é probablemente o axente Smiley, son complexos e turbios, o máis oposto ao axente 007 de Ian Fleming.
Unha parte importante das súas novelas foron levadas ao cine e todas traducíronse a moitos idiomas.
A novela The Spy Who Came in from the Cold, publicada en 1963, foi elixida por Publishers Weekly comoa a mellor novela de espionaxe de tódolos tempos. Tamén forma parte da lista das 100 mellores da Asociación de Escritores de Misterio dos Estados Unidos (Mystery Writers of America).[4]
Obra
[editar | editar a fonte]Novelas
[editar | editar a fonte]- Call for the Dead (1961), ISBN 0-143-12257-6
- A Murder of Quality (1962), ISBN 0-141-19637-8
- The Spy Who Came in from the Cold (1963), ISBN 0-143-12475-7
- The Looking Glass War (1965), ISBN 0-143-12259-2
- A Small Town in Germany (1968), ISBN 0-143-12260-6
- The Naïve and Sentimental Lover (1971), ISBN 0-143-11975-3
- Tinker Tailor Soldier Spy (1974), ISBN 0-143-12093-X
- The Honourable Schoolboy (1977), ISBN 0-143-11973-7
- Smiley's People (1979), ISBN 0-340-99439-8
- The Little Drummer Girl (1983), ISBN 0-143-11974-5
- A Perfect Spy (1986), ISBN 0-143-11976-1
- The Russia House (1989), ISBN 0-743-46466-4
- The Secret Pilgrim (1990), ISBN 0-345-50442-9
- The Night Manager (1993), ISBN 0-345-38576-4
- Our Game (Hodder & Stoughton 1995), ISBN 0-345-40000-3
- The Tailor of Panama (1996), ISBN 0-345-42043-8
- Single & Single (1999), ISBN 0-743-45806-0
- The Constant Gardener (2001), ISBN 0-743-28720-7
- Absolute Friends (2003), ISBN 0-670-04489-X
- The Mission Song (2006), ISBN 0-340-92199-4
- A Most Wanted Man (2008), ISBN 1-416-59609-7
- Our Kind of Traitor (2010), ISBN 0-143-11972-9
- A Delicate Truth (2013), ISBN 0-143-12531-1
- A Legacy of Spies (Penguin 2017), ISBN 978-0-735-22511-4
- Agent Running in the Field (Viking 2019), ISBN 1984878875
Guións cinematográficos
[editar | editar a fonte]- End of the Line (1970)
- A Murder of Quality (1991)
- The Tailor of Panama (2001), con John Boorman e Andrew Davies
Adaptacións das súas obras
[editar | editar a fonte]No cine
[editar | editar a fonte]- The Spy Who Came in from the Cold, dirixida por Martin Ritt en 1965, protagonizada por Richard Burton.
- The Deadly Affair, adaptación de Call for the Dead, dirixida por Sidney Lumet en 1966, protagonizada por James Mason.
- The Looking Glass War, dirixida por Frank Pierson en 1969, protagonizada por Anthony Hopkins.
- The Little Drummer Girl, dirixida por George Roy Hill en 1984, protagonizada por Diane Keaton.
- The Russia House, dirixida por Fred Schepisi en 1990, protagonizada por Sean Connery.
- The Tailor of Panama, dirixida por John Boorman en 2001, protagonizada por Pierce Brosnan.
- The Constant Gardener, dirixida por Fernando Meirelles en 2005, protagonizada por Ralph Fiennes.
- Tinker Tailor Soldier Spy, dirixida por Tomas Alfredson en 2011, protagonizada por Gary Oldman.
- A Most Wanted Man, dirixida por Anton Corbijn en 2014, protagonizada por Philip Seymour Hoffman.
- Our Kind of Traitor, dirixida por Susanna White en 2016, protagonizada por Ewan McGregor.
Na televisión
[editar | editar a fonte]- Tinker Tailor Soldier Spy, adaptada pola BBC en 1979, con Alec Guinness.
- Smiley's People, adaptada pola BBC en 1981, con Alec Guinness.
- A Perfect Spy, adaptada pola BBC en 1987, con Peter Egan.
- A Murder of Quality, adaptada por Thames Television e dirixida por Gavin Millar en 1991, con Denholm Elliott.
- The Night Manager, adaptada pola BBC en 2016, con Tom Hiddleston e Hugh Laurie.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Redacción (14 de decembro de 2020). "Obituary: John le Carré". bbc.com (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ Axencias (14 de decembro de 2020). "Fallece John le Carré, el gran novelista británico que se inspiró en la Guerra Fría". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ 3,0 3,1 "John Le Carré". tirodeletra.com.br (en portugués). 2007. Consultado o 14 de decembro de 2020.
- ↑ Redacción (14 de decembro de 2020). "Seis novelas imprescindibles de John Le Carré". lavanguardia.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 14 de decembro de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: John le Carré |