James Horner
James Roy Horner, nado nos Ánxeles o 14 de agosto de 1953[1] e finado nun bosque no interior do condado de Santa Barbara o 22 de xuño de 2015[2], foi un compositor, director e orquestrador estadounidense de música de orquestra e bandas sonoras. Caracterizouse pola integración de elementos corais e electrónicos en moitas das súas bandas sonoras, e un frecuente uso de elementos musicais celtas. Compuxo a banda sonora do filme de 1997 Titanic que se converteu na banda sonora orquestral máis vendida de tódolos tempos.[3][4]
Ademais, Horner compuxo para arredor de 100 filmes, colaborando frecuentemente con directores como James Cameron e Ron Howard. Outras bandas sonoras polas que é coñecido son Commando, Braveheart, Willow, Apollo 13, Star Trek II: The Wrath of Khan, Cocoon, Legends of the Fall, Aliens, Glory, A máscara do Zorro, Field of Dreams, Enemy at the Gates, Casper, Troia, Bicentennial Man, The Rocketeer, A Beautiful Mind, Mighty Joe Young, A tormenta perfecta, Avatar, e máis recentemente, The Amazing Spider-Man.
Horner gañou dous Premios Oscar, dous Globos de Ouro, tres Premios Satellite, tres Premios Saturn, e foi nomeado por tres Premios da British Academy Film. A principal influencia de Horner é Dimitri Shostakovich.
Ás 9:30 do 22 de xuño de 2015 a avioneta na que viaxaba el só, caeu e estrelouse na vila de Ventucopa, preto de Santa Bárbara, California. Faleceu no momento. Tiña 61 anos[5].
Bandas sonoras de James Horner
[editar | editar a fonte]1970
[editar | editar a fonte]- 1978 The Drought (para a American Film Institute)
- 1978 Fantasies (para a American Film Institute)
- 1978 Gist and Evans (para a American Film Institute)
- 1978 Landscapes (para a American Film Institute)
- 1978 Just for a Laugh (para a American Film Institute)
- 1978 The Watcher (para a American Film Institute)
- 1979 The Lady in Red
- 1979 Up from the Depths
1980
[editar | editar a fonte]1990
[editar | editar a fonte]2000
[editar | editar a fonte]2010
[editar | editar a fonte]Ano | Títuo | Director(s) | Estudio(s) | Notas |
---|---|---|---|---|
2010 | The Karate Kid | Harald Zwart | Columbia Pictures | |
2011 | Day of the Falcon | Jean-Jacques Annaud | Image Entertainment | [7] |
2012 | Cristiada | Dean Wright | ARC Entertainment | |
The Amazing Spider-Man | Marc Webb | Columbia Pictures | ||
2015 | Wolf Totem | Jean-Jacques Annaud | ||
One Day in Auschwitz[8] | Steve Purcell | Documental | ||
Living in the Age of Airplanes[9][10] | Brian J. Terwilliger | Documental | ||
The 33 | Patricia Riggen | |||
Southpaw | Antoine Fuqua | The Weinstein Company |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Clemmensen, Christian. "James Horner (1953-)". Filmtracks.com. Consultado o 21 de maio de 2012.
- ↑ Noticia da súa morte en El País
- ↑ USA Today coverage of Horner's work
- ↑ Clemmensen, Christian (18 de novembro de 1997, Consultado o 16 de abril de 2012). "Titanic (James Horner)". Filmtracks.com. Consultado o 21 de maio de 2012.
- ↑ Noticia en El País
- ↑ "P.K. and the Kid (1987)". Films de France. Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2015. Consultado o 22 de xuño de 2015.
- ↑ – filmmusicreporter.com
- ↑ "One Day in Auschwitz". KWS Films. Consultado o 22 de xuño de 2015.
- ↑ Thurber, Matt (10 de abril de 2015). "Living in the Age of Airplanes". Aviation International News. Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2015. Consultado o 15 de abril de 2015.
- ↑ "Living in the Age of Airplanes" website