Saltar ao contido

Jakub Schikaneder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaJakub Schikaneder

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de febreiro de 1855 Editar o valor en Wikidata
Praga, República Checa Editar o valor en Wikidata
Morte15 de novembro de 1924 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Vinohrady, República Checa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Vinohrady (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónAcademia de Belas Artes de Praga Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, ilustrador, mestre Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Malerwerke des neunzehnten Jahrhunderts: Beitrag zur Kunstgeschichte (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1316566 Musicbrainz: 7775ab9e-4a36-4358-8eec-67d40a06c5bc Editar o valor en Wikidata

Jakub (ou Jakob) Schikaneder, nado o 27 de febreiro de 1855 en Praga e finado o 15 de novembro de 1924 na mesma cidade, foi un pintor bohemio (imperio austro-húngaro).

Biografía

[editar | editar a fonte]

Schikaneder procedía da familia dun empregado de aduana alemán. A pesar da pobre formación familiar, puido continuar os seus estudos, grazas en parte ao amor da súa familia pola arte; un antepasado foi Urban Schikaneder, o irmán máis vello do libretista de A frauta máxica Emanuel Schikaneder. Despois de completar os seus estudos en Praga e Múnic (1871–1879), Schikaneder, xunto a Emanuel Krescenc Liška, participou no amoblamento do palco real do Teatro Nacional de Praga; porén, esta obra perdeuse nun incendio en 1881. Despois do seu traballo no Teatro Nacional, Schikaneder viaxou por Europa, visitando Alemaña, Inglaterra, Escocia, Holanda, Suíza, Italia e Francia. Desde 1891 até 1923 ensinou na Facultade de Arte de Praga. Schikaneder contouse entre os que admiraban a Escola de Múnic de finais do século XIX.

Morreu en 1924 e foi enterrado no cemiterio de Vinohrady en Praga. [1]

Schikaneder é coñecido polas súas pinturas suaves do aire libre, con personaxes que adoitan ser xente pobre e marxinada. Outros motivos favorecidos por Schikaneder foron o outono e o inverno, os recunchos e as rúas da cidade de Praga e as ribeiras do Moldava, moitas veces á luz do anoitecer ou cubertos de néboa. A súa primeira obra coñecida foi o cadro monumental O arrepentimento dos lolardos (2,5 m × 4 m, perdido). A National Gallery de Praga realizou unha exposición das súas pinturas en 1998 e 1999.

Escolma de obras

[editar | editar a fonte]
  1. Vinohrady Cemeteries Arquivado 16 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine., MyCzechRepublic.com, consultado o 20 de novembro de 2013

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
  • Tomáš Vlček [cs]: Schikaneder: Jakub Schikaneder, Prague painter of the turn of the century ("Guía temática da exposición na National Gallery en Praga, Collection of Old Masters, Wallenstein Riding School en Praga, 15 de maio de 1998 a 10 de xaneiro de 1999"). Praga: Galería Nacional, 1998.

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]