Saltar ao contido

Jahannam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Jahannam (en árabe: جهنم‎) é o equivalente na relixión islámica ó inferno. As súas raíces veñen da palabra hebrea Gehinnom, que é un val ó sur de Xerusalén que foi utilizado como lugar de enterramento polos israelitas. Segundo a escatoloxía islámica soamente deus sabe quen irá a Jahannam e quen irá a Jannah (o paraíso). Os que non fixeron caso ou que soamente finxiron crer en Alá permanecen no Jahannam ata o Yaum al-Qiyamah (día do xuízo final).